off
Galiza, Politica espanhola — 17 Xullo, 2013 at 4:49 p.m.

O PP de Galicia recibiu 2,5 millóns de € en donativos

by

Informa El Pais que o PP de Galicia de Feijoo, o honorabel  presidente o impaís, recibiu 2,5 millóns de €  en donativos de empresarios.   A cambio de que?.Un informe interno do ex-xerente local mostra suposas axudas de contratistas á formación conservadora

Bárcenas- o tesoureiro impaciente- moveu cartos depositados en Suiza até unha semana antes de entrar no cárcere.

Até o de agora, os cidadáns só dispomos un dato obxectivo, ainda que Rajoy teima en dicir que non. Que non hai quen o tire da poltrona e que termará no mandato que a cidadanía lle encomendou.

A situación permítelle resistir. Ao prezo que sexa. Que precisa un presidente para dimitir?

A asociación de avogados Adade, que se ten personado como acusacion no caso Bárcenas, pediulle ao xuiz que instrue a causa, Pablo Ruz, que chame a declarar como testemuño ao presidente do goberno central, Mariano Rajoy.

No entanto,  Xavier Vence  (BNG) exixe a Feijoó que compareza canto antes na Cámara polo financiamento ilegal do PP galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off