off
Poesía — 15 Xullo, 2013 at 3:34 p.m.

A chalana

by

A miña chalana

de proa graciosa

navega ufana.

Xeitosa chalana

con remos de pino

e cor da prata.

A miña chalana

de todo o peirao

é a máis galana.

Con firmes toletes

nos seus embornais

o rumbo acomete.

Os rexos estrobos

agarran os remos

con cantos de arrolo.

Navega lixeira

a miña chalana:

a nao primeira.

Con ela saleo,

con ela traballo,

ela é o meu recreo

No mar a chalana,

na casa os meus fillos,

e a muller, a alma.

Por ela suspiro,

con ela eu alento,

por ela eu vivo.

Na proa unha flor,

na popa unha estrela,

no folio rubor.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off