off
Ensaio, Literatura — 13 Xullo, 2013 at 1:03 p.m.

Sobre a seita da Fénix

by

O escritor arxentino Roberto Alifano revisita  o texto no que Borges refire  un feito banal (como aponta no prólogo de Artificios)  a partires da  descrición enigmática dunha comunidade relixiosa segreda,  abelenciosa no uso de plantas aluxinóxenas, que se remonta  a épocas arcaicas. A resposta probabel  é que o segredo se refire á relación sexual  (heterosexual?) e á procreación .  Pondo en evidencia, se callar,  que a  asociación dos parceiros da seita coa  Fénix mitolóxica  suxire a renovación e rexeneración da vida.  Certo é que  ao afirmar  “espalladas por toda a face da terra, […] só unha cousa – o segredo – os une e os unirá ata o fin dos tempos “, disipa a hipótese  da relación sexual en xeral, abrindo o debate sobre a  homosexualidade.  Porén, Borges tamén afirma que , contrariando a  lectura do “segredo”  como  relación homosexual,  “a historia da seita non rexistra persecucións”.  Ao cabo, a ave Fénix renasce das próprias cinzas,  reconstrue os elementos que a conforman nunha autoprodución e recreación infinitas. Talvez, un convite ás posibilidades creativas de todo ser humano.


Edificio Fenix. Cantons da Coruña.Foto cedida polo fotógrafo J.L. Cernadas.

Escribir un texto arcano, puramente literario, utilizando recursos eruditos que susciten no leitor varias interpretacións, é o trazo de ironía ou de requintado humorismo ao que adoita aspirar todo artífice de contos fantásticos; en especial se a mestría dos recursos estéticos deixa flotando o verdadeiro significado. “La Secta del Fénix”* é para os leitores de Borges un dos seus relatos máis enigmáticos e non menos autobiográfico, xa que reflicte claramente a súa relación problemática co sexo, que viña da infancia. Empeza falando indirectamente dunha seita á que chama a   Gente de la Costumbre o la Gente del Secreto, que se orixinou en Heliópolis** e deriva da renovación relixiosa que seguiu á morte do reformador Amenófis IV. Os dados tirados a partir dos escritos de Heródoto e Tácito, que Borges acrescenta – ou expón con habelencia-, como unha narrativa, con fragmentos de historiadores e Titus Flavius, Josephus e o  freire  beneditino Mauro Hrabano.

“Ya Gregorovius observó, en los conventículos de Ferrara, que la mención del Fénix era rarísima en el lenguaje oral; en Ginebra he tratado con artesanos que no me comprendieron cuando inquirí si eran hombres del Fénix, pero que admitieron, acto continuo, ser hombres del Secreto. Si no me engaño, igual cosa acontece con los budistas; el nombre por el cual los conoce el mundo no es el que ellos pronuncian…”

A seita, todos nós sabemos, é un conxunto de persoas que compartillam un segredo exclusivo. Por “seita da Fenix”, talvez remetémonos á ave mitolóxica que non pasa polo enredo do relacionamento sexual, xa que se enxendra, morre, e logo rexorde de si mesma.  O texto de Borges é de apenas tres gorentosas páxinas, mais conforme avanza, entendemos que a seita está en todas partes e en todos os lados e  intégrana xudeus, nazistas, comunistas, fascistas e até mesmo ciganos. “Miklosich, en una página demasiado famosa, ha equiparado los sectarios del Fénix a los gitanos -conxetura Borges citando ao filólogo eslavo, e prosegue -:

 “En Chile y en Hungría hay gitanos y también hay sectarios; fuera de esa especie de ubicuidad, muy poco tienen en común unos y otros. Los gitanos son chalanes, caldereros, herreros y decidores de la buenaventura; los sectarios suelen ejercer felizmente las profesiones liberales. Los gitanos configuran un tipo físico y hablan, o hablaban, un idioma secreto; los sectarios se confunden con los demás y la prueba es que no han sufrido persecuciones. Los gitanos son pintorescos e inspiran a los malos poetas (aquí, suponemos a quién se refiere nuestro escritor), los romances, los cromos y los boleros omiten a los sectarios, los sectarios no tienen bardos que les canten…”

Todos conforman “a xente do segredo”. E a medida que seguimos lendo imos descubrindo que a seita é toda a humanidade, abrangue o Universo e que o segredo que comparten os seus adeptos é bastante curioso, aínda que non insondabel.  Borges dinos que non está nun libro sacro nin tampouco é un saber exclusivo. O segredo  apenas é  un hábito común que  repugna pensar que seus pais o teñan praticado, un rito que pode ser executado en zagoeiros, e os seres inferiores (mendigos, leprosos, escravos) poden nos iniciar  nele, mas tamén pode ser un meniño que inicie a outro, un rito que que ningunha palabra pode nomear, mais todas elas, de algunha forma, o nomean. “He merecido en tres continentes la amistad de muchos devotos del Fénix”- confesa o autor de “Funes el misterioso” ; me consta que el secreto, al principio, les pareció baladí, penoso, vulgar  y (lo que aún es más extraño) increíble. No se avenían a admitir que sus padres se hubieran rebajado a tales manejos. Lo raro es que el Secreto no se haya perdido hace tiempo; a despecho de las vicisitudes del orbe, a despecho de las guerras y de los éxodos, llega, tremendamente, a todos los fieles. Alguien no ha vacilado en afirmar que ya es instintivo”.

Asin  remata a história, sen deluvar o “segredo” que é deixado á imaxinación do leitor.

Era de coñecimento xeral que a masturbación non abraiaba a Borges, que consideraba como inerente á condición humana e que o sexo alén da procriación, é unha forma compartillada de pracer individual (“A masaxe entre duas persoas”, díxome unha vez). Portanto, “o segredo da Fénix” pode abranxer ambas as posibilidades do sexo. O próprio Borges parece propor a posibilidade, facendo que o narrador rexeite Heliopolis como a orixe da seita. Esa cidade exípcia foi o berzo da lenda do deus Atum, o mito da criación ligada á ave Benu**, onde Heródoto aproveitou a lenda da Fénix***. Existe unha discusión, ainda non clarificada, se o Benu e o Fenix son o mesmo. Aparentemente, o grego ten confundido os pormenores, ou os misturou conoutras histórias semellantes, por iso a mención de Heródoto como fonte inadecuada é, talvez, unha erudita brincadeira. Para a xente o Fénix é un símbolo da imortalidade individual. Hai, no entanto, outras versións que o consideran unha ave femia, sen fillos e sen parella, que morre e renasce das cinzas  cada 500 anos. Ao rexeitar a versión de Heródoto, con algunhas perguntas óbvias, Borges pon en causa o vincallo coa remota Fénix, de feito, nalgún diálogo a rexeita con forteza.

Outras chaves estan apontando na mesma direción. Por exemplo, “La denominación por el Fénix no es anterior a Hrabano Mauro”, di Borges. Mauro era un pensador medieval que escrebeu De Rerum Naturis (tamén coñecido como “De universo”).

A Fénix grega tornouse un símbolo da resurreición cristián durante a Idade Média grazas a San Clemente de Alexandria, un dos pais da Igrexa. Ainda que Mauro inclue un bestiario, non menciona a ave Fénix ou Phoenix, en latín.

“No menos dificultoso sería establecer sus particularidades – explica Borges – , porque los sectarios a diferencia de los gitanos, o los judíos, no tienen un idioma que los identifique”. Por outro lado, en outro parágrafo, compromete  a Martin Buber, que declarou que os xudeus son  esencialmente patéticos; “sugestivamente no todos los sectarios lo son –arrazoa Borges-, y algunos abominan del patetismo, razón por la cual el hecho que haya judíos en la secta no significa que todos lo sean. Además la secta no ha sufrido persecuciones, en cambio sí los gitanos y los judíos.”

Para complicar ainda máis o esclarecimento, Borges chega á certeza de que “no hay grupo humano en el que no figuren partidarios del Fénix” (…). En las guerras occidentales y en las remotas guerras del Asia han vertido su sangre secularmente, bajo banderas enemigas (…). Sin un libro sagrado que los congregue como la Escritura a Israel, sin una memoria común, sin esa otra memoria que es un idioma, desparramados por la faz de la tierra, diversos de color y de rasgos, una sola cosa – el Secreto- los une y los unirá hasta el fin de sus días”.

Son moitas as características que poden ser inferidas a partir da leitura de “A seita da Fénix” e sempre existe  a dúbida encoraxada polo próprio mestre do sarcasmo. Emir Rodríguez Monegal conta que en Nova York o profesor Ronald Christ pediu a Borges  que lle revelara o segredo da “seita da Fénix”. Borges, en vez de responder, deu a Chist mais unha noite para pensar e descobrir por conta própria. No dia seguinte, Ronald Chist  non tiña a arelada  resposta.

Borges finalmente respondeu con  estas palabras: “Well, the act is what Whitman says ‘the divine husband knows, from the work of fatherhood’. When I first heard about this act, when I was a boy, I was shocked, shocked to think that my mother and my father had performed it. It is an amazing discovery, no? But then too is an act of inmortality, a rite of inmortality, isn’t it?” (Ben, o feito é que Whitman di: “o divino marido coñece, a partir do traballo da paternidade”. Cando eu ouvi por primeira vez  deste acontecimento, era un meniño, e fiquei surpreendido, espantado ao pensar que miña nai e meu pai o tiñan feito. É unha descoberta incríbel, Non si? Mais tamén é un acto de imortalidade, un rito de imortalidade, non lle parece?

Borges e Bioy Casares | Foto: Cedoc

Aínda sendo analizado de xeito antagónico, sempre resultará unha saborosa e admirábel história. Nos parágrafos de abertura Tlön, Uqbar, Orbis Tertius, Borges  alude ao sexo coincidindo en certa forma coa probabel clave da enigmática seita.“Bioy Casares recordó que uno de los heresiarcas de Uqbar había declarado que los espejos y la cópula son abominables, porque multiplican el número de los hombres”.

Noutra ocasión, durante unha conversa que tivemos sobre Santiago Debove, lembrou que o seu amigo dixo unha vez que “el peor pecado que un hombre puede cometer es engendrar un hijo, que es condenar un hombre a la vida”. Tamén en “Las ruinas circulares”, outra das súas histórias maxistrais, Borges fai unha referéncia onírica da complexa cuestión da paternidade, o que talvez poida ser interpretado como unha metáfora da procriación, talvez menos relacionada ao carnal  do que á estética,  unha vez que a paternidade do artista se relaciona co seu traballo. “En las cosmogonías gnósticas, los demiurgos amasan un rojo Adán que no logra ponerse de pie; tan inhábil y rudo y elemental como ese Adán de polvo era el Adán de sueño que las noches del mago habían fabricado… En general, sus días eran felices; al cerrar los ojos pensaba: Ahora estaré con mi hijo. O, más raramente: El hijo que he engendrado me espera y no existirá si no voy.”

Quen isto escribe, interpretando o outro sentido, o que remite á masturbación, tamén o consultou a Borges de maneira directa aínda que con non menos suspenso que curiosidade

Houbo un longo silencio.

O Segredo é sagrado – Borges respondeu enigmaticamente, con  un sorriso cheio de sorna, mais tamén acontece que non hai palabras decentes para citar, porque revela ridículo a quen  o apoiar, por iso prefiro non revelar e deixar para a imaxinación do leitor.
Sen dúbida, a todos sectários os une un rito, que se refere ao Segredo, sendo ese segredo que ninguén coñece e que vostede prefere, como di, non admitir – argumentei. Tamén no seu texto os sectarios non teñen características típicas que os identifiquen, son superficiais que  até o teñen  esquecido ou son esquecidos a medida que amadurecen ou fan anos. Tamén se parecen a todos os homens en todo o mundo e acreditan seren únicos ou mesmo destinados para a glória.
“Ben”, suspirou Borges. Alguns, como o tempo pasa apenas manteñen unha memória fraca e asúmeno coma un castigo, ou culpa, ou talvez como um privilexio, nalguns casos; até mesmo a alianza non está quebrada, nen quebrará, repito, porque se fose ese o caso, seria exporse ao grotesco.

“Talvez non chegue nunca a ser interrompida. Podemos pertencer á seita?
Sen dúbida. Ou pertenceran -recoñeceu Borges. Negámolo, porén, aínda  alguns o continuen a praticar na soidade de maneira simplísima e  elementar; presúmese tamén que unha espécie de horror sagrado lles impede a alguns fideis realizalo.

– Por un vello preconceito ou porque poden estar envolvidos  unha razón vergoñosa ou unha lenda? – preguntei novamente.
-Ou porque simplesmente nos daria vergoña o aceitar? Concluiu Borges con  toda sua ironia, acentuando o sorriso e abrindo as máns con  xesto de desculpa.

***

Completo o comentário con  un episódio por demais divertido. Segundo a miña amiga, a poeta Silvia Long-Ohni, Leopoldo Marechal, frecuentador de sua casa, escrebeu unha noite estes octosílabos dedicados a Borges:

Jorge Luis Borges pajero     
descansa en este agujero
todo su talento insano
la cabía en una mano.

Leopoldo Marechal,esquerda, con Francisco Luis Bernárdez ,centro.

Informado Borges, cando alguén lle revelou o epitafio que lle dedicase o seu ex colega das vellas épocas da revista Martín Fierro, distanciados por obvias razóns políticas, coa súa habitual espontaneidade e non menos demoledor sarcasmo, non demorou en responder:

Leopoldo el predicador
en una tumba escabrosa
frotándose con sus huesos
se hace una paja penosa.

* "La secta del Fénix" (título orixinal en castelán) é un relato curto de Jorge Luis Borges, publicado por primeira vez en Sur en 1952.Foi incluído na edición de Ficciones de 1956, parte dous (Artificios). ** Heliópolis era o nome que os gregos antigos davan à cidade exipcia de Iunu (jwnw) ou Iunet Mehet (traduzido do egípcio antigo, "O Pilar" ou "Pilar do Norte").
*** Benu (do verbo exípcio ueben, "brilhlr", "erguer"), tamén grafado Bennu, era na mitoloxia egíxcia un animal parecido cunha garza real (Ardea cinerea ou Ardea purpurea).
***Ave fabulosa que sorprendentemente renacía das súas cinsas, despois de vivir varios séculos.

Tradución:GB

Roberto Alifano é poeta, narrador, pintor e xornalista arxentino, director da revista Proa de las letras y las artes.  Amigo, amanuense e biógrafo de Jorge Luís Borges. Co autor da Historia Universal da Infamia Fábulas traduciu as Fábulas de  Robert Louis Stevenson, poemas de Hermann Hesse e historias de Lewis Carroll. Premio da Crítica Española, en 1987, pola súa obra «Borges, biografía verbal». Premio Pablo Neruda de Chile pola súa traxectoria poética (2003), candidato ao  Premio Cervantes de Literatura (2005). No eido criativo cómpre salientar “Este rio del invierno”, “Sueño que sueña”, “Los números” e no ensaístico “Dante, la otra comedia2,  “Diálogos esenciales con Jorge luís Borges”,   “Borges.Biografia verbal” ou “El humor de Borges”. A súa última obra é  o libro “La Entrevista. Un autor en busca de sus personajes” (PROA Editores, 2012), unha reflexión sobre a arte da entrevista através das que lle fixo a persoeiros como Buñuel, Fellini, Perón,Ocampo, Neruda, Gassman, Borges

Alifano vén de impartir a conferencia ‘Borges y Neruda, una secreta relación literaria‘  o 2 de xullo  na Casa América de Madrid e “Borges: una aproximación vivencial” o día 6 no  Ateneu Galego de Girona.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off