off
Fin de semana, Música — 12 Xullo, 2013 at 10:49 a.m.

aCadaCanto, o 13 de xullo

by

O vindeiro sábado, día 13 de xullo, o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá ás 22:00 horas  un concerto de aCadaCanto, o último proxecto de Guadi Galego (Berrogüetto, Espido, Nordestinas…), Xabier Diaz (voz de Berrogüetto) , Guilherme Fernández (Berrogüetto, Espido) e Xosé Lois Romero. Unha formación que enxerga á perfección o que a música é como experiencia estética que dura o que dura o tempo da  súa execución.  Será por iso que esa consciencia do efémero musical alicerce o ir e vir dos catro músicos entre as súas bandas de orixe e a procura da depuración sonora nun proxecto recollido no disco homónimo con pezas xa coñecidas como Aurora e letras de Xosé María Alvarez Blázquez e Carlos Rivero, entre outros.  A música como ficción permite ir entrefrebrando ritmos e vivencias, serve de porta xiratoria da experiencia que nesta xeira se torna máis intimista e reflexiva. Após xira por Montevideo e Buenos Aires, o público cedeirés poderá gorentar a música de catro artistas esenciais no devir musical galego.

 

 

Prezo da entrada 8 €

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off