off
Música, Vídeos — 11 Xullo, 2013 at 18:09

“Teu nome por mar e terra” feito con mil e pico de post-its

por

Un video contado en mil e pico post-its, realización brillante baseado na canción Teu nome por mar e terra desa fermosura de traballo musical que é aCadaCanto. Con estas verbas deulle entrada o seu autor na rede e non somos pouc@s @s que quedamos mallados no aparello: “Hai quen tira pedras aos avións. A min dame por facer un par de miles de debuxos e gravalos todos xuntos”.

Son só tres minutiños e a canción sempre paga a pena. Se lle botades un ollo e me contades que vos parés, pois quedo agradecido. Máis que nada, por ver si me paso ao dos avións…” O Terser Home Mañá sábado as 10 da noite preséntase aCadaCanto no Auditorio Municipal de Cedeira

 

Vídeo: O Terser Home.

Música: Guadi Galego , Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero.

Letra: Carlos Rivero Troncoso.

1 Comentario

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: