off

SomosCedeira esixe que se publiquen os datos obtidos das análises de auga da Madalena

by

SomosCedeira esixe que se coñezan e fagan públicos os datos obtidos das análises  no marco da Lei 27/2006 de acceso á información ambiental ao teren aparecido  brotes de dermatite e gastroenterite. A plataforma cedeiresa  reclama que se activen  coa “máxima urxencia” os protocolos de mostraxe das augas durante a marea baixa – para evitar dilucións que a lei non contempla- na mesma desembocadura do rio Condomiñas dado seu impacto na  saúde pública. Ademáis, acrescenta, pide que os organismos competentes  (Medio Ambiente e SEPRONA) procuren a identificación de posibles verquidos ilegais e sobrantes non controlados tal e como ten informado e denunciado Gelo do Moure en  Ollaparo o  pasado verán ( Cedeira, máis que Villa, Porcavilla).

Agosto de 2012

SomosCedeira alenta que se fagan análises das augas efluentes da EDAR e o seguimento do seu correcto funcionamento así como un estudo dos rexistros legais conforme á normativa vixente (Lei 9/2010 de Aguas de Galicia e Decreto 141/2012)

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off