off
Europa, Mar e Pesca, Meio ambiente — 9 Xullo, 2013 at 10:32 a.m.

O PP bloquea o informe de saneamento das rías

by
Imaxe: Google Maps

Segundo vén de twittear a eurodeputada nacionalista Ana Miranda, o PP bloquea o informe sobre o saneamento das rías enviándoo aos servizos xurídicos para examinar o procedimento.

A eurodeputada salientou  que  xa existía un texto prèvio de consenso elaborado coas achegas dos tres membros oficiais da delegación que en febreiro visitou as rías galegas, integrada polo eurodeputado do PPE Philippe Boulland, como presidente da delegación, e polas eurodeputadas Angélica Werthmann do grupo liberal ALDE e Tatjana Zdanoka, do Grupo Verdes/ALE.

Miranda confía que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aprobe un informe “realista e con propostas concretas que axuden a completar o saneamento integral das Rías galegas” e non un informe descafeinado dirixo a contentar aos deputados do PP

Afirmou que o BNG non ía apoiar “un informe descafeinado que teña como máxima aspiración contentar as autoridades e aos deputados do PP”, salientou a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, durante o debate na Eurocámara.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off