off
Ecoloxía, Meio ambiente — 2 Xullo, 2013 at 12:58 p.m.

Os vertidos de lodos en Ferrolterra. O caso Xiloga

by

 

Para saber máis:

  • Con que se fan?

Segundo a Xunta, fanse a partir de unha grande variedade de residuos: lodos de residuos municipais, de animais, de depuradoreas de augas residuais urbanas e industriais, de fosas sépticas; tecidos, feces, urina e esterco de animais, graxa, cera, aceites, residuos de cociñas, restaurantes e mercados; materiais inadecuados para o consumo ou a elaboración; residuos do tratamento químico; cinzas voantes de carbón; residuos de alumina, de extracción de minerais metálicos; formigón, ladrillos, tellas, grava e rochas trituradas, area e arxilas,…

  • Para que se poden usar?

Segundo a Xunta, para a recuperación de solos degradados e/ou contaminados. O seu uso está totalmente proibido, entre outros lugares, en pradarías e pasteiros naturais, e en fontes e pozos de captación de auga subterránea para abastecemento de poboación.

A Xunta tamén estabelece a proibición de aplicalos mentres xeren olores

 

  • Existen obrigas para o propietario do terreo?

Segundo a Xunta, o propietario do terreo debe asumir o control e manter o uso definido durante o tempo mínimo de seguridade (5 anos) e de anotalo no Rexistro de Propiedade. XILOGA debe ter a aceptación do propietario e entregala, xunto con outra documentación, na delegación provincial de Medio Ambiente para obter informe favorabel antes da apliación do solo.

  •  E no caso de danos?

Segundo a Xunta , o xestor debe constituir unha fianza para responder dos posíbeis danos que se lle poidan causar ao medio ambiente e do seu custo de restauración.

 

Los vertidos de lodos tóxicos alcanzan a cinco municipios de Ferrolterra [El País. Lorena Bustabad Ferrol 26 Xuñ 2013 – 20:53 CET]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off