off
Meio ambiente, Movementos sociais — 30 Xuño, 2013 at 8:04 a.m.

Proxecto O Monte é noso: sachando procomún

by

O proxecto O Monte é noso:sachando procomún é unha  iniciativa cultural formada por varios colectivos de Galiza orientada a achegar  coñecemento sobre os  montes veciñais en man común,é dicir, é unha wiki que arela irse definindo de xeito colaborativo e aberto. Alicérzase en conceitos centrais como procomún e os montes veciñais en mancomún e  tamén achega un moi útil  Glosario  que permite coñecer polo miúdo o acervo conceitual que informa da realidade dos montes.

A iniciativa proxecta residencias temporais de investigación, intervención ou acción creativa nos montes através dunha convocatoria aberta para desenvolver intervencións nos montes, a través da interacción co seu entorno físico e humano.  Dirixida a arquitectos, permacultores, enxeñeiros, artistas, sociólogos, biólogos, músicos, etc.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off