off
Festas — 21 Xuño, 2013 at 10:11 a.m.

82 Aniversario da República Galega

by
O sábado 29 se xuño, vai ter lugar na vella Estación de Tren de Ordes (A Pontraga) a, un acto para conmemorar o 82 aniversario da proclamación desta data que atinxe xa a súa terceira edición. 
 A festa comezará arredor das 12h e haberá sesión vermú, xantar (cada quen deberá levar a súa comida), e moitas actividades e concertos pola tarde.
 Ás persoas que organizan o evento, de asociacións da Laracha, Cerceda e Ordes, convidan a compartir con eles ese día. Pretenden que o tecido asociativo de todo o país teña un espazo para expoñer os seus traballos ou vender o seu material. Pódes poñer un pequeno posto para darse a coñecer, ou simplemente unirse á festa.
Dende Olláparo parabenizamos aos organizadores e animamos á participación na e alentamos a que se extenda a Festa da República Galega a tódolos concellos da nosa nación. Viva a República Galega!.
Programa:
12:00 Liga Nacional de Billarda – Aberto da República de Billasrda, 82 Aniversario.
13:00 Sesión vermú co “Comboio Republicano”
14:00 Xantar Popular (cada quen leva a súa comida)
15:30 Xogos populares para os cativos/as
17:00 Presentación da Bandeira da República / Coloquio / Arengas.
18:00 Repichoca literaria
20:30 Actuacións:
-Leo i Arremecághona!!
-Cé Orquestra Pantasma
-Xenderal
PA.C. A Revoltaina Cultura
da Beira de Bergantinhos
A.C. Lucerna
A.C. Foucelhas

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off