off
Cedeira, Política local — 18 Xuño, 2013 at 9:11 a.m.

O PP de Cedeira incrementará o IBI un 83% no rural e un 20% en zona urbana

by

Esta “proposta” ía na orde do día do último pleno como “modificación do IBI” para “equiparar” a carga impositiva do rural coa zona urbana, os populares de Rubido decidiron retirala e agora artellan un pleno municipal extraordinario monográfico sobre a “modificación” do Imposto sobre bens inmobles.

A falcatruada vai ser consumada esta cuarta feira, dia 19 con só ese punto na orde do dia. Este incremento inxustificado coa que esta a caer neste tempos de crise, paro e saqueo non é de recibo.  Como pode o PP cedeirense gabarse na prensa de aforrarlle a costas 20.000 euros nunha intervención de dubidosas legalidade na Praia da Madalena namentres atraca aos veciños cun incremento impositivo cando prometía o contrario no programa electoral?. Como pode pretender equiparar nas cargas económicas aos veciños dun concello centralizado na súa vila, cando uns gozan de servizos que nas parroquias deben realizar eles mesmos ou pagar por poder telas, pozos de auga e traídas veciñais, fosas asépticas, sega voluntario de canos, beiras e camiños, recollida de lixo máis precaria, sen servizo de transporte. O IBI aumentará un 83% nas zonas rurais do noso concello.

«Quiero crear un gobierno que ilusione… bajaremos los impuestos o por lo menos los congelaremos». Leopoldo Rubido Ramonde. La Voz de Galicia. 2 de Maio do 2011

Nós dende logo seguiremos informando porque un incremento do 83% do IBI no rural e de un 20% na zona urbana non é unha modificación.Se fora así serí unha impostura e un atraco.

O Catastro anda a informar á cidadanía con notificacións dos novos valores catastrais para o 2014 onde se aplica a taxa do 0,55%.  O caso é  que pode acontecer que algúns inmobles  lles suban os impostos mentras outros teñan que pagar o metade do que pagaban até agora.

Acontece que  aumentaron o valor da vivenda entanto reduciron o dos solares. Un erro o unha artimaña para devaluar o prezo dos predios ou para continuar roubándolle ao país? . Atende estas medidas impositivas aos intereses xerais de Cedeira? Na actual situación non beneficia isto aos grandes promotores inmobiliarios en detrimento dos pequenos propietarios na mediada en que estes – a propiedade está moi atomizada e moitas son pequenas de mais para seren urbanizables- non teñen capacidade para defrontar e manter unha subida tan gravosa e tiraranse a venderlle ao promotor que procura un alto rendemento económico através da especulación?

O dereito español, que seica postula no artigo  47 da Constitución que todos temos dereito a gozar dunha vivenda digna, é por unha banda, un desexo e un fito para a Administración, sendo  que, para acadar ou alomenos achegarse a esa visión, o principal atranco reside na dispoñibilidade de terreos adecuados para a construción e súa accesibilidade,  especialmente, na creación de plusvalías xeradas polas actividades urbanas como resultado da visión e necesidade de crecemento das vilas e cidades , redunde na sociedade e non nos propietarios individuais de solo improductivo que nada fixeron  para facilitar a súa transformación necesaria para soportar o crecemento planificado, senón que agardan a “natural” especulación  creada polo paso do tempo e do desequilibrio entre oferta e demanda, que pode encherlles  os petos como se fose unha tómbola da que crense co  dereito de sentirse os beneficiarios principais en detrimento da propia sociedade.

En suma, cómpre lembralo, o solo é clasificado de ser agrario para urbano, co obxectivo de responder á función social de apoio á vivenda, a industria, o comercio ou servizos ao cidadán,  como di a súa sacrosanta da Constitución (da que se lembran só cando lles tén comenencia), e non para aumentar o patrimonio dos seus propietarios, a que se lles dá a posibilidade de participar no proceso, senón da propia sociedade. Facer cumprir a función social da terra, para iso debería servir a política.

Animamos aos veciños a informarse no Concello que é  o que recomenda Facenda, aínda que é posible que o único servizo que reciban é o de entrar en internet na páxina do Catastro.

 

 

Para saber máis:

http://ollaparo.com/2011/11/carta-aberta-para-antes-das-eleccions/

2 Comments

  1. A MODO DE CABLEGRAMA Pleno express.STOP.Proposta repetida e retirada do pleno anterior STOP. Recoñecen que hai cisma pero votan xuntos como ovellas. STOP.Filtración dun concelleir@s do PP STOP. Algún dos “técnicos” que asesoran ao PP afirma que a proposta é unha barbaridade STOP
    15 minutos de pleno e despachado o asunto sen ter informado aos cedeireses ANTES da falcatruada

    Aínda que din que Son inocentes que é unha impostura allea (PP goberna Cedeira Galiza e Spain), que realmente é unha “modificación á baixa” e que é unha teima máis “complexa e técnica” do que os miolos dos cedeireses preocupados por estar informados serían capaces de comprender, aquí cheira a can…
    Ten razón Rubido en que a uns veciños lles baixará e a outros terán incrementos notábeis, nós estamos a espera de coñecer (de técnicos solidarios coa transparencia informativa aos veciños). Disto seguiremos informando

    O que me fixo “graza” foi o de: “en todas partes se externalizan servicios municipales, estamos muy orgullosos de trabajar con la empresa privada, sería mejor tener aquí cincuenta fontaneros en el ayuntamiento de baja” Leopoldo Rubido dixo

  2. Antes disto foron a suba nas taxas para usar o polidepertivo, e agora isto. ¿Ten isto que ver co seu programa electoral?
    Lembro que os Rubido gavabanse de teres remanente.
    Enton si ten remanente¿non seria xusto subas para que ten mais e diminuir ou exonerar a de pagos a persoas e familias con poucos recursos economicos ou en desemprego?
    Pobre do pobre.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: