off
Língua, Normalización lingüística — 15 Xuño, 2013 at 9:40 a.m.

Coñeces escolas infantís (0-3 anos) que usen o galego?

by


A Mesa pola Normalización Lingüística anima a topar escolas infantís na que se utilice o galego

Para moitos pais e nais atopar unha escola infantil (0-3 anos) na que se utilice con normalidade o galego é case unha misión imposíbel. Por iso pedimos a túa colaboración para que atopalas sexa máis doado: se coñeces algunha escola infantil en calquera lugar de Galiza, pública ou privada, que utilice con normalidade o galego na súa relación cos pequenos por favor achéganos a información ao correo da Mesa: amesa@amesanl.org

6 Comments

  1. AVOAESCOLA é unha oportunidade para crear escolas de ensino infantil en calquera lugar de Galiza. Así, este outono vai comezar a funcionar Avoaescola Ferrolterra, un espazo educativo para nenas e nenos de Ferrol e comarca de 0 a 6 anos.
    Dende 1€ ao ano xa se pode colaborar como soci@ protector e axudar este proxecto para que a infancia aprenda en galego.
    Para saber e participar:
    Galiza co galego /Avoaescola
    http://www.galizacogalego.com/altagcg
    web:www.galizacogalego.com

  2. Certo é que habería que meter no hórreo tres cestos e medio de fabas, mais non dá. Polo Principat tiramos da estrutura familiar, do activismo social e cultural de noso (ludotecas, palestras…) Aquí somos diversos canto podemos, porén, máis galegos ca nunca. Abofé que coñecedes o proxecto Galauda …ainda que se direcciona á secundaria, impulsa accións ben gorentosas. Polo demáis non dá proveito a política de todos estes anos. O meu fillo o primeiro que aprendeu foi que hai moitas persoas que non falan nunca o galego, ainda que poderían falalo. Hai que namoralas 🙂

  3. Moi boa iniciativa! Oxalá aparecese algunha en Vigo, levaría ao meu fillo sen dubidalo. Tiven relación con tres privadas, só castelán e a moda do inglés; que para min non ten sentido a idades tan tempranas.

  4. A escola Infantil Xoaniña (Noia). Con aulas en Castellano e en Inglés, a língua de trato cos alunos, pais e toda a documentación, en Galego. Eu levei alí meu cativo e quedei encantada 🙂

  5. Escola Infantil Guinhol de Burela(Lugo)

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: