off
Globalização, Movementos sociais, Opinião, Pensamento, Política — 14 Xuño, 2013 at 12:27 p.m.

Un progreso non sustentabel que pasa factura

by

“Se hoxe hai 27 estados, porqué non pode haber 35?”

Zygmunt Bauman

Hai uns dias asistía a unha conferencia do sociólogo  polonés Zygmunt Bauman  sob o titulo Europa, rexurdimento ou lenta agonía. Unha oportunidade única de escoitar ao grande intelectual da “modernidade líquida” quen axiña amosou as súas cartas:  “non teño bola de vidro”.  Sabedor que o intelectual  intenta comprender o mundo e non erixirse en portador de ningunha pastoral  para salvalo.

Europa é un grande laboratorio alquímico enferruxado, non se sabe ben en que volta do alambique,  ou se está a padecer as dores do parto dunha nova forma de organización mundial. Cecais as  dores dunha morte agónica que se expresa nunha crise global.  Porén, Bauman ten claro que cómpre  ficar dentro e  non fora na intemperie. Mesmo un país coma Grecia? Sen dúbida, dixo o intelectual  convidado pola Cátedra Ferrater Mora de Girona. O seminario   sobre os retos da chamada modernidade líquida (“Challenges of the Liquid-Modern Age”),  alicérzase  no conceito de medo líquido, un concepto  co que o profesor da Universidade de Leeds define a inestabilidade e as  incertezas no tempo presente.  “Sair fora da Unión Europea seria catastròfico”, dixo logo de repasar cinco séculos de historia europea que serviron  para amosar a orixe, apoxeo e superación dos estados nacións nun intre no que dous terzos do comerzo global é de empresas transnacionals que operan no ciberespazo, e os estados perderon capacidade de decisión, sendo máis vulnerables á dominación do capital .

“Non hai país que poida ir só polo mundo, agás a China, porén dependen dos outros para a expansión comercial”. A crise é global e non só da vella Europa. Para alén do consumismo e da dominación do crecimento ilimitado cómpre recuperar os pequnos momentos, a conversa co veciño, a vida en comunidade, xa que o planeta non pode resistir o crescimento económico ilimitado. A resposta hai que ila contruindo. Somos o reflexo dunha longa etapa de prosperidade que consistiu en “obter agora o pracer e pagamento despóis”, un mecanismo perverso froito dun “dun progreso non sustentabel que pasa factura”.

“A miña idea é que aínda vivimos baixo a influencia dos acordos de Westfalia” de 16482, que permitiron a irrupción dos estados nación modernos. A nación precisa estado para lexitimarse e desplegar o monopolio da forza coercitiva. En nome do patriotismo defendeuse o estado unitario e unificáronse rexións e condados. Acontece segundo Bauman que agora  “aínda vivimos da ficción da soberanía nacional dos estados”  cando o monopolio “xa non existe ” , velaí as empresas responsables de seguridade.

“As Nacións Unidas  fornécense da defensa inalienabel de cada estado membro” o que para Bauman, citando a  Manuel Castells, é unha  “falsificación da realidade” xa que se ten producido un proceso de globalización que provocou o divorcio entre poder e política.

“O poder ten a súa lóxica e procura man de obra barata onde os traballadores non fan greves”,  e “Europa atópase fondamente afectada para esta volta, o resto do mundo tamén: xa non hai país nengún que poida dicir que é o amo da súa casa”

Segundo Bauman, unha das consecuencias das mudanzas actuais é que os políticos promente cousas que nonpoder cumprir e non hai goberno que resista duas lexislaturas  ( está claro que non coñece a realidade galega, se ben citou Galiza, a primeira, cando se referiu á situación das nacións do estado español).  Mais unha prova de que “hai outros poderes que deciden “.  Logo de afirmar que non é profeta, Bauman afirmou que se  Europa quere sobreviver  “ten que impor limitacións á liberdade de acción de cada estado”,  e en troca  ten que ofrecer “máis seguridades ás identidades nacionais”. “É unha contradicción, un intento de protección baixo a globalización”. Máis Europa, fora dela seríamos máis vulnerables ás presións do capital.

Verbo do papel que ocuparían as identidades non recoñecidas  nesta  “Europa en construcción”, Bauman considera que se plantexan “atrancos innecessarios” á súa integración. “Se hoxe hai 27 estados, porqué non pode haber 35?” .

Simplemente, considera que estas nacionalidades plantexan  “unha situación sen precedentes na Europa”, e no canto de procurar solucións preséntanse como unha esixencia e un problema. A hexemonía de Alemaña no continente, o pensador  referiuse ao dilema entre “unha Alemaña europeizada ou unha Europa xermanizada”, e lembrou pensando en  Angela Merkel no consello que na altura lle deu Maquiavelo ao seu  Príncipe  “aspira a ser estimada polos alemans pero temida polos europeos”.

Para rematar, dixo apostar pola construcción do “estado nación mundial das liberdades democráticas”, mália afirmar que o camiño estará inzado de espiñas e non de flores. O estado nación planetario, creado ao servizo da humanidade, fundamentado na cooperación pola amizade, permitiría mudar a nosa forma de vivir non sustentabel. Europa debería ser  un grande laboratorio e espello do resto da humanidade. Rematou  lembrando que a súa Polònia da infancia, antes da Segunda Guerra Mundial , arrodeada de paises agresivos , hoxe non ten ningunha fronteira inimiga. “O presente  de Europa é  o futuro do mundo”, engadiu, ” o que non quer dicir que estar a favor dun goberno único do que non fose posible zafarse”

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off