off
Fin de semana, Música — 13 Xuño, 2013 at 3:46 p.m.

Romaria Pop en Belvís

by

Ir de romaxe a escoitar pop sen cargar cos trebellos electrónicos (antes cos cassettes, despois cos CD, …e hoxe cos máis levians  MP3, todos eles á música o que a empanada ao guiso, sistemas portátiles)  é unha proposta  ben interesante que tira da hibridación popular entre festa e peregrinaxe para tornarse celebración sen santo patrón, ou se cadra si: un patrón, o pop, e unha santa, a música.  Unha oferta de fin de semana con aceno ás parellas con fillos e  que  inclúe actividades para os miúdos, espazo de feira, gastronomía e un  cartaz musical de  nova e asentada caste.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off