off
Movementos sociais, Traballo — 11 Xuño, 2013 at 12:38 p.m.

Os sindicatos reclaman unha resposta masiva contra a situación de emerxencia social

by

As organizacións sindicais convocantes, CIG, CCOO, UGT e USTG, denuncian a situación de “emerxencia social” que padece Ferrolterra, cunha taxa de paro que xa ascende ao 32%; con máis de 26 empresas pechadas no último ano –ou a piques de facelo-; máis de 14 empresas presentaron expedientes de regulación de emprego no que vai de ano; e unha sangría poboación que non deixou de medrar na última década.

Fronte a esta dramática situación e as promesas electorais incumpridas, as centrais sindicais reclaman solucións urxentes que permitan reverter estas condicións.

Por iso, instan a toda aos/ás traballadores/as e á cidadanía en xeral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a dar unha resposta masiva o vindeiro mércores 12 de xuño, secundando a xornada de folga e participando na manifestación que sairá ás 12:00

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: