off
Movementos sociais, Traballo — 11 Xuño, 2013 at 10:38 a.m.

12 de xuño, folga en Ferrolterra, Eume e Ortegal convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG

by

No último ano pasouse dunha taxa de paro do 16% até o 22%

En contra das “nefastas políticas do goberno estatal e da Xunta”  as catro organizacións sindicais fan este chamado á cidadanía  esixindo solucións  ás alarmantes cifras de desemprego. A maioría das empresas da comarca están afectadas por expediente de regulación de emprego, entraron en concurso de acredores ou directamente botaron o peche; os nosos sectores pesqueiros e agro-gandeiros están en claro retroceso e desaparición; non hai investimento público nin desenvolvemento das infraestruturas; e aínda por riba o naval,  sector estratéxico para a comarca, atópase na situación máis complicada da súa historia”, segundo afirmou ao Sermos Galiza Xesús Anxo López Pintos, co-responsábel comarcal da CIG.

 

 

O lema da manifestación será “Ferrol esixe solucións” e sairá ás 12 horas desde o Inferniño á Praza do Concello.

One Comment

  1. Greve Comarcal en Ferrolterra Ortegal e máis unha vez toda Cedeira aberta. Solidaridade Comarcal?.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: