off
Movementos sociais, Política, Vídeos — 9 Xuño, 2013 at 6:38 a.m.

Gure Esku Dago. É a nosa responsabilidade

by

A semellanza de Catalunya e de Escocia, actívase en Euskal Herria unha dinámica plural en rede de apoio ao dereito a decidirNasce Gure Esku Dago, dinámica basca  que  aspira a crear unha mobilización nacional sen precedentes a favor do dereito a decidir en por todo Euskadi, vila a vila e sector a sector procurando «complicidades» e coa arela de acadar maior «eficacia».

Un exemplo desa procura é esta primeira achega musical que xuntou a moitedume de cantantes bascos. Música de  Kepa Junkera e Eñaut Elorrieta, e letra de Kirmen Uribe.  Mais a pluralidade  percíbese nos intérpretes que suma a súa voz á iniciativa Gure Esku Dago: Pantxo eta Peio, Anje Duhalde, El Drogas, Alex Sardui (Gatibu), Xabi Solano (Esne Beltza), Francis (Doctor Deseo), Fermin Balentzia, Peter Ansorena, Laja, Inés Osinaga (Gose), Antton Valverde, Aiora (Zea Mays), Erramun Martikorena…

Foi presentado onte en Bilbo por membros de Nazioen Mundua que traballou a pluralidade no Goierri e outras iniciativas semllantes en Mungia, Etxarri-Aranatz, Orereta e Berriz. Este modelo de plataforma alicérzase nunha conformación plural  en base a tres ideas fulcrais:  Euskal Herria é unha  nación, tén dereito a decidir e a cidadanía é a protagonista.

 

 

Música: Eñaut Ellorrieta, Kepa Junkera

Letra: Kirmen Uribe

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: