off
O Curruncho musical de Antón, Poesía — 8 Xuño, 2013 at 7:17 a.m.

San Xoán

by

Luminoso e longo día,

curta noite de san Xoán

cando tódolos feitizos

cos borrallos fuxirán.

Na noite de san Xoán

que non me trabe

cobra, cadela nin can.

Na oscuridade da noite

axexan demos e diaños,

hei busca-la flor da auga

na fresca fonte dos canos.

Guerras, loitas e pelexas,

diso si son incapaz,

botade fóra á rapaz,

non me veñades con esas,

falade de xustiza e paz .

Na enchente da lúa,

xuntaremos a leña

e no medio da rúa,

paseniño, sen brúa,

entraremos na escena.

Na noite de san Xoán,

coa fouciña na man,

queima, asola, arrasa.

Fóra, fóra, fóra meigas,

ídevos da miña casa!

Ó relentiño da noite nunha palangana,

auga, fiuncho, estalotes e flor de roseiras,

pola mañán cedo hei de lavar as mans e a cara

para purificarme coas augas milagreiras.

Na noite de san Xoán

que non me trabe

cobra, cadela nin can.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off