off
Estado, Imprensa — 7 Xuño, 2013 at 9:00 a.m.

‘The Guardian’ alerta que Madrid manipula a Guerra Civil

by
AABI©

O xornal británico ‘The Guardian’  vén de alertar que Madrid manipula perigosamente a Guerra Civil.

The Guardian’  exprimese claramente  nun   artigo  publicado esta quinta o exercizo de manipulación que fai Madrid daGuerra Civil Española atraveso da desinformación e da ocultación dos feitos acontecidos.

“A historia está  escrita polos vencedores”, lembra o artigo, “porén o que está a acontecer en Madrid non é apenas un exercizo asimétrico de memoria histórica , senón que é un xeito intolerante, perigoso e disfuncional de tratar o pasado e dificilmente encaixa coa imaxe que a capital quere proxectar de cidade aberta, diversa e transparente do futuro” .

O artigo precisa que Madrid conserva un arco monumental chamado Arco da Victoria, que  foi construido por Franco para  celebrar la derrota da Segunda República por parte da tropas franquistas o ano 1939, ainda que esta victoria tamén supuxo  a pérdida de meio millón de “compatriotas”, un país en ruinas e o presaxio do estalido da Segunda Guerra Mundial. Ademais, Madrid mantén decenas de rúas e prazas que aínda levan o nome dos membros do réxime franqusta.

The Guardian sinala que o Partido Popular (PP), que goberna a cidade, pretende tirar o único e pequeno, e mesmo despercebido recordo situado na Universidade Computense de Madrid, adicado aos milleiros de voluntarios das  Brigadas Internacionais (inaugurado o 22 de octubro de 2011). Unha columna de metal erguida a base doazóns privadas individuais, cunha inscrición aos que loitaron contra o rexime feixista.

Semella, dí o artigo, “que o PP non está preparado nen para tolerar a súa existencia”. De feito, a comezos da semana o Tribunal Supremo de Madrid  confirmou nunha  denúncia que o memorial no tén permiso urbanístico. As  autoridades universitarias, mesmo interpretando que outros monumentos moito máis grandes -como o das víctimas dos atentados de 2004 – erguéronse sen os permisos que se precisaban,  teñen dous meses para retiralo.  A da Complutense é a única placa commemorativa das  Brigadas Internacionais de tota  a cidade.

Abonda o artigo nunha apreciación: noutros paises europeus si que souberon facer fronte ás partes máis oscuras da súa historia.  Dende Lión a Berlín achamos museos que reflicten con fidelidade e franqueza o papel que desenvolveron durante o século XX. A capital do estado español  non tén ningún centro de interpretación do que foi a Guerra Civil. A cidade, dí o artigo, gosta de  bloquear calquera discusión e iso é unha actitude de “pouca madurez política”. Vai haber que dicirlle aos do The Guardian que visiten as vilas e cidades galegas.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: