Carlos Labraña vén de gañar o XIV concurso de Teatro Infantil “O Facho”coa obra “Espantallo”. Carlos Casares, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal ou Bernardino Graña, cóntanse entre os gañadores de anteriores edicións, o que dá idea da trascendencia que este premio pode ter para a traxectoria de Labraña que agromou no literario a partires do colectivo teatral Garola. Dende ben novo vén participando cos outros membros de Garola en creacións e representacións de teatro infantil que, no seu día, tamén van ser galardoadas con premios de relevo como o II Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantís no 1988, por O segredo de Daniel. O máis miúdos han lembrar a viaxe dunhas cabazas á festa do Samaín, o texto que Labraña lle adicou, xunto coa súa irmá Sabela, ao Samaín de Cedeira ( Indo para o Samaín. Ed. Everest).
Parabéns Carlos, a ver se o editan axiña
Eu quero da mesma que Xosé Manuel parabenizar a Carlos. Coido que co novo que é, aínda non vai a sorprender no futuro, é unha honra tamén para o noso concello. Onde podo mercar “Espantallo”?.
Noraboa a Carlos; unha fachenda para Cedeira.