off
Ecoloxía, Movementos sociais — 30 Maio, 2013 at 1:00 p.m.

Galicia non é unha mina. Defende a terra

by

Segundo un estudo publicado na revista norteamericana Reviews of environmental contamination and toxicology, a extracción de ouro empregando cianuro través de moenda de minerais de alta calidade e lixiviación de minerais de baixo grao precisa millóns de litros de auga con altas concentracións potencialmente tóxicas de cianuro/cianeto de sodio (NaCN), complexos de cianuro  e metal-cianuro libres.


A manifestación contra a megaminería que este domingo 2 de xuño ás 12 do mediodía sairá da Alameda de Compostela l
evará o lema unitario: Galicia non é unha mina. Defende a terra. Defende a vida. A convocatoria nasce aberta a toda a cidadanía e alicerzada  arredor de Salvemos Galicia.

Dende as terras raras da Serra do Galiñeiro, a de wolframio en Cartelle ou Ramirás, a de andalucita na contorna das Fragas do Eume, até as da Terra Cha, a do feldespato en Xinzo ou a que Goldquest proxecta nun territorio que forma parte de dúas reservas da biosfera na zona da Fonsagrada (Río Eo-Oscos-Burón e Terras do Miño) debúllase  unha paisaxe esgazada  polos intereses das multinacionais sen que conten as evidencias científicas a respeito dos riscos para a saúde e o medio ambiente. Velaí a mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto:  800 hectáreas que consumirían 128 quilos de cianuro e xeraría 4.000 toneladas de residuos por cada quilo de ouro.

Algunhas operacións de fresamento producen concas de residuos de 150 ha e maiores. Segundo se describe neste estudo e posteriores revisións, as operacións de lixiviación por goteo de  cianuro requiren tanques de procesamento de solución de preto de 1 ha de área de superficie. As canles de recuperación da solución son construídas en xeral a base de pilas de lixiviación. Todas estas masas de auga conteñen cianuro e son perigosas para a fauna, especialmente peixes, aves acuáticas migratorias e morcegos.  Verquidos accidentais de solucións de cianuro en ríos e regatos teñen producido a morte masiva de peixes e outros biota acuática.

Hai evidencia sobre a maior vulnerabilidade dos organismos acuáticos, sendo os peixes de auga doce  o grupo máis sensibel ao cianuro,  con elevada taxa de mortalidade en concentracións de cianuro libre > 20 mcg / l, con  efectos adversos sobre a súa mobilidade  e reprodución en > 5 g / l.

Para evitar inundacións en gabias abertas, e para permitir movemento de terra en gran escala, a miúdo é necesario retirar as augas subterráneas e usala para irrigación, desaugue a cuncas de infiltración rápida, ou, nalgúns casos, descargalo para as augas superficiais. As augas de superficie son desviadas a tarefas de minaría de superficie. O verquido  de auga para os principais cursos de auga natuais pode conter cantidades excesivas de arsénico, sólidos totais disolvidos, boro, cobre, flúor e zinco. Entre os efectos adversos está  a redución ou perda da cuberta vexetal para a vida e a fauna terrestre , perda de hábitat acuático para peixes autóctonos e a desfeita paisaxísta con todo o que iso comporta de desfeita cultural e social.

Nun outro estudo  publicado en 2007  na revista científica australiana  Environment international dise que a morte de fauna asociada ás  soluciónss de residuos mineiros das minas de ouro a ceo aberto ainda non contan  con datos publicados que mostren a relación directa entre a mortalidade da fauna e a toxicidade do cianuro. Porén, hai unha fenda de coñecimento  que non responde á magnitude percibida do problema que leva a subestimar a morte de fauna.

Asín, en  Nevada, EE.UU. durante 1990 e 1991, contabilizáronse  9.512 cadáveres de máis de 100 especies, cunha subestimación derivada dunha inadecuada monitorización debido ao carácter voluntario da presentación dos informes.

Destes, a aves atinxen o  80-91% de carcasas de vertebrados notificados anualmente. En Northparkes, Austrália, en 1995, inicialmente estimáronse 100 carcasas de aves mais cando unha contaxe minuciosa foi realizada, 1.583 carcasas de aves foran rexistradas. Eventualmente, 2.700 mortes de aves foran documentadas ao longo de un período de catro meses.

Aparentemente, non existe literatura que documente protocolos precisos de monitoramento da vida selvaxe sobre solucións de resíduos de minas con cianetos potencialmente tóxicos ou calquera comprensión dos dados derivados. Iso leva a pór a vista sobre as operacións da minaria cando din que non existe risco para a vida selvaxe.

As instalacións de armazenamento de entullos con cianetos son estruturas de control ambiental para conter resíduos, una práctica común  na indústria da minaria. O cianuro é un veneno de acción  rápida, e a sua toxicidade está relacionada cos tipos de complexos de cianuro que están presentes na minaria.

Este estudo australiano salienta que as mortes de aves son habitualmente detectadas e subestimadas, levando a unha percepción de que existe o risco non existe.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off