off
Política local — 28 Maio, 2013 at 11:58 a.m.

O BNG insta ao goberno municipal de Cedeira a explicar o rumor do peche do servizo nocturno de urxencias

by

A portavoz municipal do BNG María Xosé Rodríguez Pérez tenta que o goberno municipal explique aos cedeireses  as últimas actuacións arbitrarias levadas a cabo por Rubido Ramonde e presente un plan de viabilidade social liderado dende os Servizos Sociais do Concello perante a grave situación de desprotección de moitos veciños e veciñas en paro. Segundo a representante nacionalista estanse a realizar actuacións que comprometen servizos públicos básicos e insta ao goberno do PP a unha explicación urxente.

  1. Queremos saber que hai de certo nos insistentes rumores que corren entre os nosos veciños con respecto ao posible peche nocturno do servizo de urxencias?
  2. Solicitamos información relativa ao cambio de ubicación do servizo de cafetaría do auditorio a un baixo privado da Praza Roxa e cales son as razóns para este cambio?
  3. Pensan vostedes tomar algunha medida para o acondicionamento da praia da Magdalena ou as súas medidas redúcense á chapuza que fixeron estes días atrás?
  4. Como vimos notando últimamente unha drástica reducción do persoal de policía local queremos saber con cantos efectivos contan a día de hoxe e como se pensa afrontar o período estival no que se soe triplicar a poboación deste Concello?
  5. Queremos saber porque Cáritas está levando acabo unha recolección de alimentos e outros servizos nos que pensamos que a xestión tería que ser levada directamente dende os Servizos Sociais do Concello que aparte de xestionar o servizo de axuda no fogar e outros teñen a obrigación de axudar a xente que se atopa en situación de desprotección, desgraciadamente cada vez máis númerosa pola dramática situación que está a vivir actualmente a nosa vila a causa do paro? .

María Xosé Rodríguez Pérez, é portavoz municipal do BNG no Concello de Cedeira

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off