off
Cedeira, Língua, Normalización lingüística — 24 Maio, 2013 at 5:44 p.m.

Festa da pescada, deslustrada pola gramática

by

O Concello de Cedeira non ten quen lle corrixa os textos cando estampa o carimbo nun cartaz. Tan difícil é achar colaboradores acreditados que poidan corrixir erros de bulto como “xunio”, “coincidiendo o domingo 2 de xunio” ou para lle dicir ao deseñador que o “bilinguismo harmónico”  é un enxendro que non ten quen lle escriba? Por estética, por ética, por non deslustrar tan boa iniciativa. Por dignidade, tamén.

A Câmara Municipal de Cedeira não tem quem corrija os textos quando estampa o selo em um cartaz. Tão difícil é encontrar parceiros credenciados que podem corrigir erros de bulto como “xunio”, “coincidiendo no domingo, 2 de xunio” ou para lhe dizer ao desenhador que o “bilinguismo harmónico” é um engendro que não tem quem lhe escreva? Por estética, pela ética, para não deslustrar tão boa iniciativa. Por dignidade, também.

7 Comments

  1. Parabéns pola iniciativa, Cedeira medrou economicamente coa pescada mailo rape, fixéronse patrimonios e carreiras universitarias cando comezaron as volantas mailos rascos a quitarlle a fame dos tempos da autarquía a este pobo noso, foi a partires de finais dos anos 60 cando estas artes cambiaron o conto nos petos, e así medraron comercios, restaurantes, bares e outros negocios. A pescada foi o pan da vila, o percebe unha xoia da gastronomía popular.

    Non son eu quen para falar dun galego ben escrito nin de ter un control absoluto da normativa na que escribo, nin de afirmar que esta sexa a mais correcta, tamén son da aldea, e non pasei pola dura disciplina das universidades, a diferencia está en que procuro revisala, (tamén teño grallas). Agradéces a intervención neste foro dos concorrentes, e gustaría de quitarlle ferro no da crítica, pois é dende logo construtiva.

    Comprenderedes que Olláparo fora no pasado, sexa no presente…si por algo se sustentou (e non foi nunca con ánimo de lucro, senón esforzo e solidariedade) foi pola razón da normalización do galego ( en Cedeira en franca recesión polo desleixo daqueles que deberían de defender e corrixir), tamen pola recuperación cultural e económica do noso Concello e da nosa Comarca (hai hemeroteca).
    O galego non é un trapo de andar por casa, cando amosamos isto hai xente de fora con ben mais cultura que nós que pensa que non está ben, tamén veciños nosos.
    Digamos que do mesmo xeito que non escribimos Zedeira, nin Madriz tampouco imos a facer o mesmo co resto do cartaz… Imaxinade (polos que se senten doídos) que no sur peninsular escribiran as feiras como falan «Feria del Pezcaito frito de Zan Lucaz de Barrameda», até a vós vos chamaría a atención.
    O galego non é un trapo, non , e mais para aló do Campo da Cruz hai moita xente que fala galego, gusta do galego, gusta da Pescada e non está no paro. Tamén debemos convidalos con gastronomía e cultura, pois como dixo alguén famoso cando veu a Cedeira e que vou deixar no anonimato por no enlealo: “A Cedeira chegou denantes o diñeiro que a cultura”.

    Os que estamos agora “Ollo ao Paro” (frase de http://ollaparo.com/ por certo igual que “ollo ao prato ollo ao gato”somos milleiros na Comarca de Ferrolterra/Ortegal e esperamos que para esta vindeira Folga Xeral Comarcal do 12 de Xuño, tódolos bares de Cedeira e tódolos comercios pechen ese dia porque non se vai arranxar isto co xornal do dia 12, nin co de ningunha outra festa gastronómica, ao pior o próximo inverno moitos mais van ter que pechar definitivamente. A nós que gastamos os nosos cartos na vila tamén nos gusta que haxa sensibilidade compartida, chámase solidaridade para sair da crise, solidaridade comarcal.

    Saúde, grazas e boa sorte.

  2. Pablo César Galdo Regueiro

    Boa iniciativa, mas pouco cuidado por parte do Concelho.

    A importância dos erros no cartaz sempre vai ser relativa, do ponto de vista de cada pessoa. A meu ver, considerando a responsabilidade que as Administrações Públicas têm no cuidado da língua, não se justificam este tipo de incorreções. Nos últimos dias também a Xunta, casualmente noutra campanha gastronômica, deixou sem revisar o estilo linguístico, aparecendo castelhanismos que nada têm a ver com esse galego de aldeia do que falais. Lembremos que normalmente o galego de aldeia é o melhor conservado.

    Penso que é evidente que a crítica pola questão linguística foi dirigida ao Concelho e nada tem a ver com os organizadores, aos que nenhuma Lei obriga a escrever o galego com correção seguindo uma determinada norma.

    No referente à palavra “merluça” tenho lido que é de origem ocitana e mui provavelmente adquirida polos marinheiros nas suas singraduras, não do castelhano. Existem registros do seu uso em Trasancos e Ortegal nos inícios do século XIX. Falo de memória, neste intre não poido achegar documentos.

  3. Ollaparo Edición

    Sentimos discrepar. Primeiro, porque Olláparo non tén afán de lucro. Segundo, porque o que aquí se está a dicir é ben constructivo, empezando pola publicidade que se lle está a dar dende o primeiro día. Con esta e con outras moitas iniciativas, culturais e non tan culturais. Terceiro, negámonos a facer apoloxía da falta de cuidado lingüístico e despois dicirlle aos nenos e nenas que se apliquen na escola. E sentimos tamén discrepar da acepción pexorativa que lle estades a dar ao “galego de aldea” vs. “galego de universidade”. Non hai lingua do mundo que se escriba igual que se fala, e as administracións teñen obriga de velar por uso correcto cando colaboran coa sociedade civil ou co mundo da empresa (lei de normalización lingüística). Ao mellor, os promotores desta boa iniciativa deberan considerar o teren solicitado do Concello máis medios e implicación que é, ao cabo, o que Olláparo está a pedir. A ver si agora o paro vai ser responsabilidade de Olláparo :)! Moito ánimo e parabéns pola iniciativa.A autocrítica é nutritiva ainda que non tanto como a pescada! 🙂

  4. Mercedes Lourido

    Home apollar apollaredes, pero con este tipo de críticas o único que apollades e a que tanto a xente como o concello pase de facer nada. Porque ainda encima que esta xente está facendo tal esforzo vades vosoutros e dadeslles un labazada (ou como diriamos os que falamos galego de aldea una ostia). E sinto moito pero si a xente da aldea lle dades un texto escrito en galego de universidad, pouca xente sabe de que estades a falar, non creo que os errores ese sean tan graves, en realidad e como fala a xente de Cedeira. Pero bueno si en vez de resaltar a iniciativa queremos resaltar os fallos……así nos vai “olla o paro”

  5. Francisco Zaera

    En primeiro lugar, o Concello de Cedeira nada ten que ver có escrito no cartel, e fallo noso, da Asociación. O fallo non entendo que teña tanta importancia pero, se a ten, pido desculpas por dito erro. Hai que darse conta de que o galego que moitos de nos coñecemos e o galego de aldea, o que fala a miña sogra que non sabe falar o castelán pero que suspendería calquer examen de galego de hoxe.
    Un saudo.

    • Ollaparo Edición

      Grazas pola túa achega, Francisco. O Concello ten que ver co cartaz dende o intre que estampa o seu escudo, é dicir, dende o momento que valida o proxecto está obrigado a revisar os textos nos que pón a súa imaxe corporativa. Sobretodo cando se trata de iniciativas tan interesantes coma esta que axudan a facer “marca Cedeira”. Importancia ten a que cada quen lle queira dar….e a responsabilidade da administración é cumprir a lei e velar polos intereses colectivos. E un texto con erros non axuda moito a prestixiar a marca Cedeira. Por tanto, á marxe das competencias idiomáticas de cada quen – o galego de aldea é galego, só compre poñer atención cando se redacta, o mesmo podería ter acontecido en calquera outro idioma…por iso as administracións teñen quen lles corrixa os textos, mais ese falta de cuidado pasa a miúdo co galego, non che parece? Unha oportunidade coma esta debería servirlle ao Concello de Cedeira para prestixiar o producto con rigor e adicación, é dicir, atendendo a todos os aspectos implicados na marca, e o do idioma non é cousa menor. Misturar dun xeito aleatorio galego e máis castelán, tamén non axuda. Por exemplo, se temos un fermoso vocábulo como é Pescada ( peixota ou carioca (segundo o tamaño) que en si mesmo xa é unha marca diferenciada- porqué teimar no termo castelán “merluza”? É por iso que dende Olláparo apelamos á responsabilidade do Concello a poñer os medios. En calquera caso, parabéns pola iniciativa que dende aquí apoiamos.

  6. Mágoa. E mais si! Tamén é unha oportunidade para aprender dos erros. Si, os erros fannos humanos e ninguén é infalibel. A iniciativa é boa, mais erraron as formas. Os prexuizos son positivos se serven para comprender e para mudar. Tórnanse tañeiras estériles cando inmobilizan e nos converten en reféns dos estereotipos. E o galego é cousa delicada que precisa mimos e afagos. Cando nos imos decatar que o galego vende, informa e prestixia se a intelixencia colectiva é interiorizada dun xeito natural e intransferibel pois nos identifica e diferencia con palabras de noso? Velaí a millor marca posibel.
    Animo a todos os participantes a teimar no proxecto e a reclamar do Concello de Cedeira supervisión lingüística cando o precisen. Un proxecto asín ben merece un bon acabado. Avante e boa sorte!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off