off
Ciencia, Ecoloxía — 22 Maio, 2013 at 6:07 p.m.

Galinclimarch

by

O Grupo *Geoma*: Xeoloxía Mariña e Ambiental, da Universidade de Vigo, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo; do Instituto Andaluz de Ciencias da Terra da Universidad de Granada-CSIC e da Universidade de Aveiro, partirán o luns 2 de abril do porto de Vigo abordo do buque Sarmiento de Gamboa rumbo á Conca Interior de Galicia, xunto á plataforma continental da costa galega.

Segundo explica o catedrático do grupo Geoma Daniel Rey o obxetivo desta campaña científica é a “de levar a cabo unha reconstrución de alta resolución da variabilidade do tempo de transporte, procedencia, achegas sedimentarias, clima marítimo, correntes de fondo e grao de alteración a partir de mostras superficiais e testemuñas da Conca Interior de Galicia e do noiro continental asociado, calibrando os resultados de medicións directas das condicións hidrográficas e sedimentarias actuais na conca e coas descargas do río Miño”.

Estudar os cambios climáticos dos últimos 50.000 anos é o obxectivo desta campaña oceanográfica chamada Galinclimarch

 

Máis:

Universidade de Vigo

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off