off
Poesía — 16 Maio, 2013 at 3:10 p.m.

Á Pena do Sartego

by

  Ouh, pena altiva

abeiro dos pitos;

noutrora ergueita

e hoxe desfeita

por tolos delirios.

Os pétreos sartegos

dos antepasados,

de homes con brío,

por algún impío,

foron violados.

O falso progreso,

Pena do Sartego

forte e altiva,

noutrora ben fita,

roubouche o segredo.

Pena do Sartego,

milenaria pedra,

a túa voz baril,

aínda con apego

de min no se arreda.

Nas noites de lúa,

aínda hai quen oe

os laios sentidos

e algúns xemidos

dos bravos heroes.

Os fillos dos celtas,

do gran Lanzarote,

exánimes  azos

aínda teñen brazos

pra tronzar barrotes.

 

2 Comments

  1. Xosé Antonio Suárez Aneiros

    Gracias a ti por ler o poema nestes tempos difíciles en que un non está para filosofar nin facer versos, pero ás veces hai que abeirarse na cultura, tobo ou natural refuxio que ninguén me poderá violentar.
    Unha aperta.

  2. A poesía tamén é un recurso na defensa do maltreito patrimonio. Grazas por recuperar dalgún xeito a Pena do Sartego

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off