off
Meio ambiente — 15 Maio, 2013 at 6:22 p.m.

Enerxía renovábel para o galego

by

O Concello de Cedeira promove para os días  8 e 9 de xuño a 1ªed. do GalEco unha mostra na que as empresas adicadas ao negocio das “renovábeis” poderán amosar os seus productos, unha oportunidade para comprovar en que consisten as súas propostas de eficiencia enerxética e unha oportunidade tamén para o Concello de Cedeira de anovar  a súa política lingüística en cartazes, programas e anuncios.

Que a sensibilidade  pola nosa lingua abrolle e nos reconforte como sol de primavera. Como lembraba  hoxe Xaime Bello no DF recollendo as palabras de John Rutherford, Director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford: por pura ecoloxía lingüística.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off