off
Globalización, Traballo — 14 Maio, 2013 at 12:20 p.m.

As multinacionais do textil acordan “milloras imprescindíbeis” nos talleres do Bangladesh

by

Fixeron falta 1127 mortos para que as marcas de roupa que fabrican en Bangladesh e o goberno de Dacca deran pasos para mudar a situación laboral do país.

H&M e Inditex veñen de pactar unha millora na seguridade . Os dous principais fabricantes de roupa do mundo, a sueca H&M e a galega Inditex, aderíronse onte a unha iniciativa impulsada por sindicatos e ONGs para facer das fábricas do país asiático máis seguras, comprometéndose a pagar as milloras que garantan nos seus obradoiros a seguranza e evitar incendios, a máis de inspeccións independentes e públicas. Ainda que a negociacións empezaron hai meses, seica foi o afundimento do Rana Praza o que obrigou ás grandes empreses do textil a aceitar un acordo perante as críticas de activistas e de consumidores.

Segundo vén de precisar Roupa Limpa, mália valorar positivamente o acordo,  cómpre non confundir estas accións con empresas éticas. Que os dous xigantes do textil non estiveran directamente implicadas na traxedia do Rana Praza de Dacca foi pura casualidade xa que comparten fornecedores co resto de empresas implicadas.

Co compromiso de Dacca ábrese unha porta a que se avance en liberdade sindical, se ben é significativo o dato: houberon morrer mil persoas para que  as multinacionais reaccionaran. Roupa Limpa salientou que alomenos hai un compromiso  para subir os salarios (no Bangladesh subiron só unha vez dende os anos 90). Pasouse dos 16 aos 29 euros ao mes. Si hogano o suben estarán moi lonxe de seren salarios dignos. Os sindicatos pediron 102 dólares mensuais, 78,60 euros.

Para saber máis:

Primeiro de maio no Rana Praza de Dacca

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: