off
Historia — 7 Maio, 2013 at 3:48 p.m.

¡Jamás volvais a Cedeira!

by

“Quiero que desde el momento en que esta carta llegue a vosotros jamás volváis a Cedeira… Toda persona, excepto la familia, que sea de Cedeira no quisiera que figurase en la lista de vuestras amistades… Ñata ,Fernando mis labios se cerrarán pronunciando vuestros nombres queridos”.

Anaco da longa carta asinada o 17 de decembro de 1936 polo mestre de Cedeira Rufino Redondo Senra militante de Izquierda Republicana a súa dona. Ao día seguinte foi fusilado no castelo de San Felipe de Ferrol xunto a outros doce demócratas cedeirenses.

 

Eventos consetudinarios que acontecían na rúa

Fora un venres 21 de novembro de 1975, saíra eu para o Colexio Nicolas do Rio e andando o Camiño Real da Madalena á altura das serra de Benedicto e do Pucho atopábase intransitábel, intentaba sortear as chapuceiras sen apañar moita lama entre as rodeiras dos camións cando algo asemellou diferente no percorrido que cada dia facía camiño da escola, as fachadas da vellas conserveiras como a Margarita de Loureiro atopábanse cheas de pintadas con palabras que non entendía. Ao chegar a escola após de rezar a oración de tódalas mañás, dona Teresa a mestra díxonos que naquel dia debíamos regresar ás nosas casas pois “el generalísimo había muerto y debíamos guardar luto por su alma”, cando saín da miña aula vin nen@s maiores en formación cantando cancións de exaltación patriótica. No camiño de volta ollei de novo as pintadas sen entender aínda que podería significar as palabras “Democracia” e “Amnistia”, pensaba que xa podía morrer Franco tódolos dias, era venres e o sábado viña matalo porco do inverno Nardo, e o domingo viña a aboa Rosa mailo avó Manuel da Chousa a comelo raxo e o fin de semana ofrecíase longo.

 “el generalísimo había muerto y debíamos guardar luto por su alma”, cando saín da miña aula vin nen@s maiores en formación cantando cancións de exaltación patriótica”

Xa na casa no vello aparello en branco e negro de San Isidro saía a imaxe de longas colas de xentes que esperaban para pasar fronte ao féretro do ditador morto, mulleres de negro con pano na cabeza outras con peineta e “mantilla”, xente traxeada erguendo o brazo ao xeito da época, un home  facía o saúdo militar namentres un uxier procuraba botalo de alí.. Obdulia era analfabeta pero moi honesta, era a xunto aqueles que naceran a canda o “Desastre do 98” os que me sabían interpretar todo o que acontecía, xa me contara todo aquilo dos “escapados” pero eu sempre o entendía como parte do mundo máxico das lendas de ánimas, mouros ou meigas . Pero Obdulia, Pedro de Monteiro ou meus avós Daniel e Manuel da Chousa foran quen de facerme entender que unha cousa eran os mouros que habitaban nas croas dende a noite dos tempos e outra os mouros do Rif, que eran os mesmos mouros norteafricanos que padeceran a guerra colonial e que logo nutriran as tropas de regulares franquistas na Guerra Civil ou a Garda Mora de Franco.

Viviran tempos terríbeis, dramas que forzadamente tivera que gardar durante décadas, a morte de Franco ceibara nela o medo que a ditadura militar lle metera no corpo e decidira falarme non so dos “escapados” senón tamén dos “paseados”, recordara e varias ocasións a inocencia daquelas vítimas, daquela barbarie irracional e o tempo de chumbo que trouxo, creu que xa era hora de que coñecera os acontecementos que xurdiran a partires de xullo de 1936, aquela matanza non se acordaba nos documentos escritos nin nos testemuños orais da historia do noso concello, nin na “Francesada”, nin no insulto británico de 2 de Xullo de 1747, nunca acontecera tal carnicería cando menos dende tempos das incursións normandas.

A Cedeira non chegara a Guerra, só a represión fascista do alzamento, o recrutamento forzoso, os tiros na caluga e os campos de concentracións de prisioneiros na Praia da Magdalena ou a fosa común da Praia de Vilarrube. Recordaba ver Obdulia os osos da fosa de Vilarrube ao descuberto pola erosión do vento, recordaba as saídas dos camións das conserveiras da Praia da Magdalena postas a disposición do glorioso alzamento como campos de concentración.

Rememorou Obdulia a Josefa Vigo Pita de Sisalde na parroquia de Esteiro cando en marzo do 1938 fora acusada de axudar ós “escapados”. A Garda Civil, vai detela e levala a un piñeiral a Valdoviño. Atada a unha árbore, é violada e asasinada por disparos de fusil. Josefa estaba casada co home na emigración, ela rexeitara reiteradamente as amorosas pretensións do Garda Civil que a violou e a fusilou naquel tráxico dia. Nicasio Pérez de 54 anos con catro fillos, fora sacado da igrexa de Esteiro cando asistía á misa, oficiada esta por varios cregos e co templo cheo de xente, o seu corpo apareceu na cuneta na carreteira que vai de Cerdido a Cedeira. Trinta e un veciños de Cedeira foran asasinados: trece após un xuízo farsa, sendo executados o 18 de decembro no Castelo de San Felipe, sendo os seus bens confiscados; Deza oito “pasead@s”, deles foran eliminados antes de ser xulgados: Andrés Bouzamaior; José Freire; Adolfo Rodríguez, Jesús Lourido (“O Manco”), concelleiro da FP e José Vergara presidente de Alianza Obrera e Campesina, catro dos escapados son procesados en rebeldía: o mestre José Bernabé, os mariñeiros Andrés Brañas e Constantino Suárez e o concelleiro Andrés Arriví. Coa chegada da República había un fervedoiro de ideas, socialistas, comunistas, agraristas, anarquistas ou galeguistas como Isaac Forneiro Barandel mestre ourensán que exercía de apoderado na sucursal do Banco Pastor cedeirense e membro do Partido Galeguista fundado en 1931. Celebraran mitin en Cedeira o o 8 de setembro de 1935 intervindo Otero Pedraio, Ramón Vilar Ponte, Suárez Picallo e Carballo Calero onde o Estatuto de Galicia era o seu soño. Publicara “Cantigas populares de Cedeira” no n* 108 da revista Nós. No seu xuízo Isaac fora acusado de propagandista e asesor do Comité de resistencia constituído no Bar Pinzón o sábado 18 de xullo de 1936 para defender o goberno democrático da II República. O mesmo día 18 no que se foi celebrar pola mañá o último pleno da Corporación Municipal constituída por orde do Goberno Civil en marzo , formada por concelleiros do Frente Popular e onde fora nomeado alcalde Manuel Fernández Freijeiro, militar retirado simpatizante de Izquierda Republicana.

O Alcalde de Cedeira intervén nos primeiros momentos pero ponse enfermo e toma a dirección o Tenente Alcalde Vergara ademais do moi activo mestre de Cervo Bernabé do comité de resistencia cedeirense que proclama nun Bando a declaración de Estado de Guerra.

Ginés o fillo do alcalde recorre dia e noite o concello nunha moto dando ordes as patrullas civís republicanas, pero precisan armas para a República e o Carrizo vai até tres veces a Cariño buscar dinamita, Constantino O Cañoto embarca rumbo a Coruña a buscar material de guerra… mais non foi posíbel, o goberno cedeirense do Frente Popular posterior ao bienio negro tivo catro meses escasos de vida, pois a vida foi a que lles quitaron por soñar Cedeira sen escravitude, servidume nin emigración, trasladado o suceso ao rexedor actual digamos que despois de case tres décadas a cabeza do goberno municipal, de ser medido naquela balanza da xustiza fascista cando menos tocaríalle ser fusilado medio cento de veces polo seu tempo gobernado en democracia.

O certo é que o intento de golpe de estado do Xeneral Sanjurjo en agosto de 1932, ou o conato de Revolución anarquista de xaneiro de 1933 durante o primeiro bienio, o “outubro vermello” da Revolución socialista de 1934 e a represión en Asturias polo “comandantin” Franco ao fronte da lexión e dos regulares traídos dende Marrocos e a proclamación da l’Estat Català de la República Federal Espanyola por LLuis Compays durante o bienio negro, ou as conspiracións dos militares africanistas, monárquicos, fascistas, igrexa e oligarquías financeiras para derrocar violentamente a II República facían presaxiar o peor.

Entendera a CEDA que a súa vitoria electoral de novembro de 1933 era a oportunidade para desmonta-las reformas do Goberno republicano socialista. Non defendían os dereitos da cidadanía senón os privilexios dos “amos” endurecendo de novo as condicións de vida da clase traballadora ou reprimindo a actividade da esquerda e conspirando para facer efémera a democracia que aquela república procuraba. Por si fora pouco un escándalo político salpicaba á CEDA no Partido Radical, socio desta alianza dereitista. A ruleta eléctrica de marca “Straperlo”, nome derivado de Strauss, Perel e Lowann (os estafadores). Fora un fraude, e acusábase a senlleiros persoeiros do Partido Radical de recibir subornos. Namentres Alejandro Lerroux se adicaba as corruptelas o seu socio de goberno Gil Robles alentaba ao exercito e forzas de seguridade a violentar a democracia, a mesma da que se serviran trala vitoria electoral de novembro de 1933 como a oportunidade para desmontalas reformas do Goberno republicano socialista e rematar coa subordinación das oligarquías, do exercito e da igrexa ao poder civil.

 O caso fora que o goberno republicano de Casares Quiroga cando coñeceu as primeiras novas da sublevación no Protectorado español de Marrocos o 17 de xullo de 1936 enviou a mariña de guerra e reconverteron avións comerciais para bombardear posicións rebeldes no norte de África, así mallaran a canonazos Melilla, Ceuta, Larache e Tetuán. Aquilo non fixera mais que aportar norteafricanos á causa dos sublevados, co doado que sería atacar directamente aos avións financiados por entre outros o contrabandista de tabaco e armas Juan March para realizar a ponte aérea, ou directamente sobre os barcos da Transmediterránea propiedade deste, que utilizaban para transportar aos noivos da morte á península. Co fácil que sería derrubar o Dragón Rapide e a ponte aérea e naval, o Dragón Rapide fora o avión que conseguira o propietario do xornal ABC o marqués Luca de Tena para trasladar a Franco, previo cheque en branco na man posto para o aparello por Juan March. Franco recebera cobertura financeira tamén da chequeira do bandido Maiorquín para garantir o seu soldo de xeneral e o primeiro que fixo o xeneral “africanista” foi poñer a resgardo a súa familia en Francia.

Naquela ponte aérea sobre o Mediterráneo o franquito que falaba con voz de pito na academia militar, ao que lle facían desfilar co mosquetón recortado, converteuse de ‘Franquito’ a Franco!, Franco! Franco! (Manuel Vázquez Montalbán). Despois daquilo as persoas só foron carne de canón da historia naquel tempo sen testigos, de habelos eran represaliados ou fuxían ou quedaban paralizados polo medo, o pobo fora secuestrado pola política criminal do seu tempo.

“Es necesario crear una atmósfera de terror, hay que dejar sensación de dominio eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todo el que no piense como nosotros. Tenemos que causar una gran impresión, todo aquel que sea abierta osecretamente defensor del Frente Popular debe ser fusilado.” General Mola: Instrucción Reservada. Base 5ª11

 A aboa Rosa mailo avó Manuel da Chousa viñeran comelo raxo aquel Domingo 23 de novembro de 1975 no que a mata do chancho do inverno coincidira coa morte do xenocida ditador. Franco tivera unha morte moi dolorosa e moi longa, a verdade e que lle alongaran a agonía os seus mais achegados na procura de facela coincidir co pasamento do dirixente da Falanxe José Antonio Primo de Rivera executado polos republicanos.

Fora un domingo de raxo, zorza e televisión en branco e negro. Miña nai emocionábase deixándose levar pola dor que elaboraba o narrador da televisión franquista, o meu avó recriminoulle a emoción a miña nai e cando o locutor dicía que lle estaban a poñer derriba do ditador xenocida unha lousa de tonelada e media foi cando Manuel da Chousa soltou convencido “Cómame o demo se te vas volver a levantar agora desghraciado!!”.

Datos tirados de :"Guerra Civil e Represión" de Xosé Manuel Suárez
(de lectura recomendábel)

3 Comments

  1. Benvido Pedro
    Pois probalemente unha das persoas que lle levaba pan a Juan Antonio Cabezas fora Dionisia López Amado que con oito aniños achegábase até os arames da campo da praia enviada pola súa avoa Benigna. Escapou da ditadura de Franco emigrando a Arxentina en 1952 co seu home e fillo de cinco meses. O seu fillo Antonio Adolfo Díaz López (5 de febrero de 1952- ), fotógrafo e a súa nora Stella Maris Riganti, enfermera, eran militantes do Partido Revolucionario de los Trabajadores, foron secuestrados durante o Terrorismo de Estado en Arxentina, o 15 de maio de 1976 (36 anos), hoxe son “desparecidos”.
    Ao reamatar os anos setenta, Dionisia López pasou a integrar o colectivo Madres de Plaza de Mayo, reivindicando información sobre estado e situación dos asesinados e desaparecidos, fundó a “Comisión de Familiares de Desaparecidos Españoles” e foi tamén presidenta da “Comisión por la Memoria, la Verdad y la Justicia de Zona Norte”. Distrito de Tigre.

    “Cuanto horror y cuanta muerte viví desde pequeña”
    Dionisia López Amado ( Cedeira, febrero de 1928 – 29 de noviembre de 2008,1 Buenos Aires ).

    Grazas

  2. Pedro Velázquez Vilanova

    “Ao solpor, un feixe de mulleres da vila chegáron á fábrica con cestos de comida: pan, ovos cocidos, peixe frito, queixo e froita do país.
    Pouco despois soubemos que en Cedeira, nos primeiros días da insurrección, foran fusilados dúas ducias de demócratas.”

    Este texto é un extracto -traducido ao galego- do libro “Asturias: catorce meses de guerra civil” de Juan Antonio Cabezas, confinado no campo de concentración de Cedeira de novembro do 37 ata outubro do 38. Estivo condenado a morte por ter colaborado co xornal socialista Avance. Finalmente, foille conmutada a pena pola de 40 anos de cárcere.

    A malfadada lista dos fusilados de Cedeira encabezábaa o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, seguido doutros membros da corporación municipal e de persoas de recoñecidas ideas progresistas.

  3. Texto procedente da obra do canónigo da Catedral de Santiago de Compostela, Revdo. P. D. Manuel Silva Ferreiro,

    Galicia y el Movimiento Nacional: paginas históricas, 1938.

    Cedeira

    Pueblo situado a 35 kilómetros de Ferrol, venía sufriendo desde hacía ya bastante tiempo, la influencia de los elementos revolucionarios de la ciudad departamental.

    La mala semilla de allí importada, era distribuida entre la población marinera de la Villa, por el Veterinario Antonio Castillo, un tal Bernabé Maestro de Santalla, Isaac Forneiro y el Administrador de Correos. Estos tenían como fuerzas de choque, que utilizaban en todos los conflictos y actuaciones sectarias, a Constante el “Chulo”; al “Manco” y a otros muy conocidos en la comarca.

    Las primeras noticias del Movimiento produjeron en el elemento izquierdista de Cedeira aplanamiento y sorpresa; pero, alentados por los rebuznos de Radio Madrid, bien pronto cambiaron de actitud y se dispusieron a obedecer las órdenes emanadas del Gobierno de la República.

    Proceden a la requisa de armas y a la detención de significadas personas de derecha que, en número de 20, son conducidas a Ferrol, con objeto de ingresarlas en la cárcel de aquella ciudad. Allí no pudieron ser alojados los detenidos por estar ya completamente llena la prisión y, quiso la suerte que los llevasen a Ortigueira, pues si llegan a traerlos de regreso a Cedeira, mal lo hubieran pasado, a juzgar por la actitud en que estaban los revoltosos, y por las manifestaciones que hacían, reveladoras de la intención de matarlos tan pronto como llegasen.

    Entre tanto, en Cedeira, habían publicado los comunistas un bando en el que se amenazaba con la muerte a todo aquel “que a las siete de la tarde no esté con nosotros y a nuestro lado”, bando que si no sirvió para aumentar el número de revoltosos, sirvió en cambio para acabar de poner en guardia a los fascistas y demás elementos de orden, advirtiéndoles del peligro que corrían, permaneciendo por más tiempo en el pueblo.

    El día 26, una columna que al mando del Capitán de la Guardia Civil Sr. Barba y los Tenientes señores López Alonso, Herrerín y Pérez Peña saliera de Ferrol para Ortigueira en labor policíaca, entraba en el pueblo de Cedeira sin resistencia, y devolvía a la Villa la tranquilidad y confianza de que estuviera privada unos cuantos días.

    **********

Deixa unha resposta a FernandoCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off