off
Mundo, Traballo — 1 Maio, 2013 at 6:18 a.m.

Primeiro de maio no Rana Praza de Dacca

by

A traxedia de Bangladesh vén de amosar a meio mundo a evidencia das precarias condicións de traballo na confección de roupa, amosándonos o custo non apenas económico da roupa  que mercamos nas principais produtoras e distribuidoras de textil e de moda. Roupa para  occidentais, a nosa roupa. Apenas alguns meses atrás, un incendio nunha  fábrica sen sistema de evacuación axeitado matou 114 operarios.  Apesar do crescimento económico recente, Bangladesh continua sendo un dos países mais pobres do mundo, con servizos públicos lesados ​​pola corrupción xeneralizada. Hai denuncias de que o predio de  Sohel Rana, proprietário do complexo Praza Rana, desabou. Construído en 2007 en terrenos pantanosos, usou influencia política para evitar restricións ao proxecto.

O último reconto do afundimento do edificio Rana Praza de Dacca, un complexo de oito andares ateigados de obradoiros de roupa que tiñan relación con marcas como El Corte Inglés, Mango, C&A, Benetton e Primark, é de 390 mortos, 1.200 feridos e un milleiro de  desaparecidos baixo o entullo. Noutra parte de Dacca, na sexta-feira de mañá, traballadores do textil que protestaban pola traxédia estragaron cerca de 100 veículos nas áreas da cidade Mirpur, Rampura e Badda. Estaban a exixir cárcere para Rana, que desapareceu.

Os traballadores de roupa foron ao parecer forzados a traballar no complexo a pesar das advertencias de que tiña grandes fendas nas súas paredes. Unha catàstrofe de proporcions continentais que enraiveceu un país enteiro e  guindou unha sombra de dúbida sobre como as grandes marcas, europeas e norteamericanas, producen as súas pezas de roupa. Nas primeiras horas, o traballo de resgate estaba a decorrer moi lentamente. Moradores e parentes das vítimas denunciaran que o esforzo de resgate foi dificultado devido á falta de equipamentos modernos. Centenas de persoas foron movendo escombros con alavancas, picaretas e as próprias maos. Familiares dos desaparecidos  entraran en confronto coa policia que usou gás lacrimóxeno en resposta. Un escuro exemplo de como funciona todo isto. A suburbanización acelerada e deficiente e  a formación de clases sempre foron da mán. Mais no capitalismo presente a sociedade de clases virou na produción perpetua de excedentes para a economía global. Os espazos abertos que o  capitalista precisa para moverse e apañar benefícios  é inversamente proporcional ao espazo fechado  e encapsulado de producción e de falta de emponderamento. O desenvolvimento xeográfico desigual non é banal. Alicerza a súa reproducción tanto ou máis ca súa tendencia ás crises e ao desprazamento en círculos….Non, non é o seu problema, é o noso problema. O asalto contras os dereitos e o benestar da poboación sempre anuncia outros.

O comércio de vestuário en expansión é unha grande fonte de divisas en Bangladesh e emprega cerca de 4 millóns de persoas. A maioria das exportacións – 60% – vai para a Europa, encanto os EUA teñen 23% e Canada 5%. A estas alturas xa sabemos que nen o continente asiático se safou  da desmesura do concepto de progreso baseado no puro crescimento sen cidadanía. Non todo é posibel nen o crescimento é sinónimo de progreso.  O crescimento é apenas  un concepto económico que  derivou en ideoloxía do presente. Da acumulación sen tañeiras e de opulencia.  A traxedia de Blangladesh reaviva un debate que incomoda, e máis se callar no país da marca líder do textil.

A traxedia de Dacca  vén de amosarnos o que significa demoler a protección laboral e non dispor de programas sociais. Dende os setenta o capitalismo neoliberal teima en aprendernos que os cuidados individuais son única cuestión de responsabilidade individual.  A actual austeridade non é máis do que un avanzo nese vieiro cara a individualización dos custos da reproducción social. Un mantra ridículo perante a traxedia de desposesión, explotación e morte  no  Rana Praza. Un primeiro de maio de explotación laboral e violencia.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: