off
Poesía — 30 Abril, 2013 at 3:36 p.m.

Don Manuel Alejo, don Xosé e don Severiano Miragaya

by
 
Don Manuel Miragaia, cura de Santo André de Teixido

Lembranza de  tres curas que aínda están na memoria dos seus fregueses, xente maior. Estes tres irmáns non dubidaron en defender ós seus, incluso coa escopeta de caza dicindo que mentres eles fosen curas das súas parroquias a ningún levarían e o meterían nun foxo; cousa que outros non poideron dicir, aínda máis, nalgúns casos participaron por activa ou pasiva nas “quitas”. Estes homes singulares foron os tres irmáns curas de San Andrés, o de Régoa e o de Barbos.

Cura de San Andrés de Teixido (1913-1965)
Cura d e San Xiau de Barbos (Ortigueira)
Cura de Santa María de Régoa (m1973)

 

 

 

 

O abade don Manuel
de apelido Miragaya
foi nacido en San Martiño,
na Terra Cha de Vilalba.

Estudou en Mondoñedo
e ordenouno o piadoso
monseñor Fernández Castro,
de exemplar talante honroso.

Chairego foi don Manuel,
medio século en Teixido,
de deleitosa conversa,
cazador emperdernido.

O cura de San Andrés
con bonete e con zocas
defendía o santuario
das mentes tolas e ocas.

Don Manuel era moi grande,
“corpo forte e alma de neno”,
como dixo o gran Otero
cando aló foi de romeiro.

O cura de San Andrés,
o abade Miragaya
era moi quen de comer
coma por seis de Santalla.

Unha vez no bar A Parra
el, Conrado e Antón Pita,
despacharon un tabal
con destreza inaudita.

A don Manuel, Manueliño,
de San Andrés bo abade,
n`hai cousa que máis o chame
que un tortillo e un bo viño.

Tiña un irmán don Manuel
que de Régoa era o crego,
a quen a xente aínda louva,
pois tíñanlle grande apego.

Tiña un xeito de cantar,
unha voz tan “sui géneris”
que ós que eramos moi rapaces
nos semellaba un fénix.

Cando viña o Preceuto,
pola súa dilixencia,
iamos confesar con el:
puña pouca penitencia.

Na Longa Noite de Pedra,
e aínda antes, na guerra,
Don Severiano con brío
defendeu ós seus da fera.

Tiñan outro irmán en Barbos
que de nome era Xosé,
moi bo home e moi bo cura,
piadoso, abofé.

Ámbolos tres sacerdotes,
moi nobres e retranqueiros,
non desdeñaban botar
unhas cuncas de ribeiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off