off
Traballo — 25 Abril, 2013 at 9:15 a.m.

Dez mil desempregados máis, 287 mil e 17.400 ocupados menos

by
Segundo a EPA nos 12 últimos meses,   o “número de activos” – en expresión do INE- descendeu en Galiza en  30.100. Segue a baixar a ocupación, cresce o número de persoas  sen emprego. É especialmente significativa a “retirada de activos do mercado laboral”  neste trimestre en Galiza: 17.400. A taxa de  paro xa acada  o 22% . No estado español a taxa de paro medra 1,14 puntos, até o 27,16%. O que esta enquisa non dí é que segundo o padrón contínuo de xaneiro Galiza perdeu  17.999 habitantes o ano 2012. O 1 de xaneiro d 2013 Galiza tiña 2.763.499 persoas censadas, un 0,6% menos que o ano anterior. Arrepiante.
Empregados e desempregrados ambos sexos. Taxas de actividade e paro EPA 2013 1ºtrimestre
Empregados e desempregrados por sexo. Taxas de actividade e paro EPA 2013 1ºtrimestre

Arrepían dos dados dun país envellecido e onde a emigración segue a desangrar o máis vizoso de noso, a xente nova. Cando algúen dí que non tén traballo, está a dicir que non ocupa un lugar de traballo no que algúen lle pague un salario, lle pague a seguranza social e lle reteña e ingrese a parte do imposto da renda que lle toca.  Iso non quer dicir que esa persoa non traballe, que non cholle aquí e acolá, percibindo uns cartos por facelo ou non…de terceiros  ou da familia…senón non se entende a calma chicha da rúa.

 Os burócratas españois e europeus teiman en dicir que a cifras de desemprego son datos inaceptabeis , cando a súa obsesión polo déficit é a responsabel. O dia que deixe de desacelerar a destrucción de emprego  estaremos todos no paro.

 

Tags

One Comment

  1. Eu xa case, despídennos a tod@s os que quedabamos nestes dias, estamos negociando o remate. Agora é cando mais me lembro dalgunh@s compañeir@s de traballo cando oegaban brinquiños de regusto cando gañou feijóo as eleccións. Agora tod@s fodidos

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off