off
Politica espanhola — 20 Abril, 2013 at 8:07 a.m.

E Bieito Rubido afirmou que Madina simpatiza co que representa ETA

by

O que fora director de La Voz e hogano do ABC pénsase liberal e non o é, mesmo poderíamos dicir que non “pensa” porque xa pensou. Adoita dicir, “ya lo he dicho muchas veces”, como queréndose autoconvencer da verdade do afirmado por repetición.  Velaí o que vén de afirmar do socialista Eduardo Madina no programa La mañana da Cope: “simpatiza máis co que representa ETA que o que representa o Partido Popular, como un partido que en democracia ten de ser unha alternativa”.  Todos sabemos que cando isto dí refírese aos obxectivos e non aos medios. E non quedáramos que en ausencia de violencia ben se podía postular  outra visión das cousas sen ser demonizado no intento? Eís o cerne da manipulación: o non asociar directamente ao deputado socialista cun improbabel ideario independentista senón coa ETA  o “abecedario” funde medios e fins, mistifica de propósito e a sabendas do dano que infrinxe alén o Psoe.  Cómpre non esquecer que Madina foi vítima dun atentado e é un dos posíbeis candidatos a suceder a Rubalcaba. A deriva do ínclito director do ABC é un caso no que todo se pode negar (ou confirmar).  Rubido tén un eu iconoclasta do que gosta e perante a interpelación de Buruaga (¿has pensado bien la frase que has dicho?) teima sen dubidalo no dito, engadindo: ” Sí. Le tiene un odio guerra civilista al Partido Popular (…)”

O risco da iconoclasia ao vivo é que, efectivamente, pódese rexistrar e repetir até o aburrimento mais tén un outro risco, o de ir sustituindo  un tópico por outro. Mais non todos, o tópico da ETA é moi socorrido e rendibel para a dereita española. Non é o único. Bieito Rubido sábeo ben porque tén quen lle mande. A iso de facer parte da  elite político-económico-mediática chámaselle promiscuidade, a quen nada importa a matogueira da corrupción nen o fluxo clientelar. Cultura democrática? Oportunidade de facer un Estado diferente de baixo para riba? Renovación da estructura de partidos políticos? O sistema piramidal non é exclusivo da clase política. O seu aparente éxito profesional é paralelo ao tamaño da súa irresponsabilidade e desmesura. O mesmo exceso que o leva a interpretar o democrático “estado das autonomías” como “concesións ao nacionalismo en 30 anos”. Xornalismo? Non, decadencias.

 

Escoitar a partires do minuto 33 (33:19)

http://www.cope.es/player-alternativo/id=2013041910020001&activo=10

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off