off
Poesía — 18 Abril, 2013 at 6:40 p.m.

Laverquiña

by

Laverquiña a onde fuches?

Por que liscaches voando?

O teu niño está baleiro,

xa non escoito o teu canto.

Amáiame o teu recordo,

estame a min magoando;

a árbore onde cantabas

de anguria está murchando.

Xa non oigo o zoar do vento

nas follas que te abrigaban,

laverquiña rabilonga,

onde vas, miña calandra?

Volta ó fogar, volve ó niño,

cruza fragas e searas,

que eu estaréi agardando

ó pé da árbore que amaras.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off