off
Cedeira, Meio ambiente — 18 Abril, 2013 at 10:33 a.m.

Concello e Demarcación de Costas teiman na desfeita

by

O Diario de Ferrol informa que o Concello de  Cedeira  teima na “absorción” de áridos do fondo da ría para entullar a encosta da praia  obviando así calquera evidencia científica tal e como mostrou nestas páxinas o biólogo Antón P.Cribeiro.

Noiro da Praia da Magdalena. Foto: A.C

Non estamos no ano 2000 e algo deberíamos ter aprendido. A dificultade de atallar unha problematica con tantas variables debería facer reflexionar aos responsables públicos se  máis alá de ter ou non  “ un coste excesivo”  a actuación “barata” ben podería  ser contraproducente e mesmo acelerar os efectos adversos. De qué serviron todos estes anos? Resulta evidente que non están pola labor de comezar a xestionar de vez un problema que está para ficar connosco. Sendo así, resulta inaudito que se hai un proxecto que non ten todas as garantías mália o seu costo (2 millóns de euros) estén a  crear a expectativa de ser definitivo cando hai organismos internacionais que afirman que dado o carácter dinámico das praias non hai  solucións definitivas.

Valoráronse as consecuencias biolóxicas de entullar con area de canteira? E o valor estético e paisaxístico? A area fina  da Magdalena  non é para vostedes un valor a protexer? Se agora lles urxe e queren facelo antes da temporada de verán é de supor que a Demarcación de Costas cumpriu con todos os requisitos: cando pensar facer público o estudo de  impacto ambiental?  Pensan actuar á marxe da Lei de Costas? 

Sería viabel en termos ecolóxicos o trasvase de áridos do “bolo do medio” de Esteiro ou un simple e costoso parche? Sendo un problema complexo, por qué non actuan de xeito coordinado goberno e máis oposición? Exploráronse todas as alternativas e o realizado noutros lugares? É mesmo desasosegante que Vergara óbvie a necesidade de ter estudos previos de impacto  e o seu somentimento público a información e alegación. Mais resulta canto menos que abraiante que se propoña area de canteira que é como estragar a praia para sempre . Preocupante.

 

Para saber máis:

Praia da Magdalena:pensar amodo, actuar axiña[2]

Unha historia natural da ría de Cedeira [1] Pasado

Autocaravanas, máis presión para a praia

Situación da praia da Magdalena

Destrución a toda costa

A costa dos chiringuitos

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off