off
Politica internacional — 9 Abril, 2013 at 9:02 a.m.

Lady Thatcher

by

Coa Thatcher comezou a deriva neoliberal e conservadora que estamos a padecer. Lémbrome especialmente da pancada sobre o sindicato dos mineiros e o desmantelamento do sistema nacional de saúde (NHS) e non tanto  da guerra das Malvinas.  A eliminación do vaso de leite das escolas simbolizou a supresión de toda forma de intervención pública. A miúdo esquecemos que foi expulsada do poder polo seu próprio partido, aproveitando que ía nunha cimeira europea.  Recorda o historiador Josep Fontana que Jimmy Carter dicía dela que era incapaz de admitir que había cousas que ignoraba. Como Reagan, desapareceu da encenación política cando a enxurrada conservadora xa estaba encamiñada, até hoxe.  Non se entendían,  mais ambos e dous serviron á virada conservadora e á queda da Unión Soviética.  Co  laborismo e a “terceira via” (third way) tamén non mudou nada. Os cortes en servizos públicos e o desemprego comezaron daquela- os británicos sábeno ben. Non sei que opinaría do negociador Cameron, imaxino que demasiado mol para o “ferro”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off