off
Cultura, Literatura, Mundo — 8 Abril, 2013 at 9:07 a.m.

Morreu Neruda envelenado?

by
Certificado de defunción de Neruda que estabelece: "causa caquexia cancerosa".

Os restos mortais do poeta chileno Pablo Neruda, que morreu en 1973, serán exumados esta segunda-feira. As autoridades chilenas queren establecer se foi envelenado por orde do xeneral Augusto Pinochet ou se  morreu de cancro. Con 4o anos de adiamento, a exhumación está prevista para comezar o luns ás 8:00 hora local (11:00 GMT).

A versión oficial da súa morte, que ninguén cuestionou por case 40 anos pois fai parte das biografías literarias máis respectadas, dixo que o poeta morreu de cancro de próstata en 23 de setembro de 1973, 12 días despois do golpe de Estado que liderou Augusto Pinochet.

Con todo, a aparición dunha testemuña clave para os derradeiros días de Neruda podería reescribir os libros de historia: o seu condutor e axudante garante que o poeta foi envelenado por inxección na clínica onde estaba internado.

A versión de Manuel Araya  foi presentada nunha acusación de asasinato e conspiración polo Partido Comunista chileno, do que Neruda era activo militante e senador. O xuíz encargado da investigación, Mario carroza, considerou plausibel a versión de Araya.

No testemuño de Araya recóllese que o sábado, 22 de setembro o  embaixador de México visitou Neruda  e  falaron decote dos detalles do voo que o  levaría ao exilio. Falou sobre o seu visado e como trasladar manuscritos dos seus próximos libros e pinturas orixinais. O voo tería lugar dous días despois  e por iso a muller do poeta Matilde Urrutia  e o condutor foron a Illa Negra para apañar as últimas cousas antes de ir para o exilio.
Houbo un cambio de plans. Seica recibiron preto das catro da tarde un telefonazo de  Neruda, e voltaron inmediatamente a Santiago. Ao parecer o poeta acababa de informalos da súa preocupación porque mentras botaba unha soneca no seu cuarto da clínica inxectáranlle algo no seu abdome e sentíase mal, di a denuncia.

De acordo co condutor de Neruda, ao voltar á clínica atopou o poeta cun “rostro un pouco inchado e febril” e un médico da clínica pediulle que fose buscar urxentemente un medicamento  que non tiñan no lugar.
Con todo, o seu coche foi interceptado “por soldados que o baixaron a paus”, segundo consta no procedimento. Foi preso, espancado e levado ao Estadio Nacional, un dos principais centros de detención naquela altura. Alí  soubo da morte de “Pablito”, como el chamaba ao seu xefe.

 

Pablo Neruda, premio Nobel de Literatura, foi membro do Partido Comunista e partidario do presidente Salvador Allende.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off