off
Política — 6 Abril, 2013 at 10:47 a.m.

Ao PP non lle preocupa o PP

by

Desaban dias durísimos e ao goberno de Mariano Rajoy preocúpalle que imputen á infanta bourbónica e non que puido ter feito  para que a imputaran. Ao ministro Margallo, que  estivo en Cedeira a inaugurar unha capela,  preocúpalle a imaxe exterior da monarquía española e non a do seu goberno.  Poderíamoslle numerar algunhas cousas que  lixan  esa imaxe: 1.España.

O PP está asulagado na investigación do insustentabel caso Gürtel e do caso Bárcenas. No entanto, Rajoy expresa con aparente convicción en roldas de imprensa sen imprensa, que non lle tira o sono porque o seu partido é o que máis fixo por aturar a corrupción.  Debe ser porque é o partido con máis imputados por corrupción. Pujalte dí que o xuíz Castro procura protagonismo persoal, pouco lle durou (seica decidiu suspender a declaración até a Audiencia Provincial elabore ditame  sobre o recurso apresentado pola Fiscalía Anticorrupción contra a decisión). A imprensa española anda ben enleada. E digo eu que a Bruxelas débelle importar ben máis un partido que cobrou por adxudicacións públicas que a imputación dunha infanta.

Nos noventa o noso Feijoó procuraba unha imaxe a medida entre os que mandaban.E quen mandaba en Galiza na altura? Entre outros, un fotógrafo: Marcial Dorado. Dende aquela Feijoó sabe moito de fotografía mais ignora quen forneceu as fotos  a El País despois de seren tiradas hai 17 de anos. Daquela, Dorado foi imputado por contrabando de tabaco, un delito menor respeito ao que veu despois, un narcotraficante convicto. Que valor informativo tiñan estas fotos cando foron feitas?

O exvicepresidente da Xunta Anxo Quintana, que coñeceu de primeira mán as habelencias do actual presidente da Xunta, vén de  expresar que non ten por qué non acreditar no presidente:

De que ralé é un partido que mantendo un cadáver  desa  magnitude no seu armario  é capaz de realizar unha campaña porca e mentireira contra o candidato rival manipulando unha foto  nun barco con un empresario sen causa xudicial aberta? Que  impunidade  sentían dos medios de comunicación? “Ni comparables ni equiparables” – politica.elpais.com

 Clarificador artigo. E así desaban os días, durísismos de cinismo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off