off
Medio ambiente, Urbanismo — 27 Marzo, 2013 at 12:07 p.m.

Autocaravanas, máis presión para a praia

by

O Concello de Cedeira vén de publicitar con total  frivolidade que proxecta unha área de autocaravanas no paseo marítimo cando, aínda non pasado o  inverno, estabamos a ficar abraiados polos efectos do mar na praia da Magdalena.  Se o grupo de goberno  recoñece  que precisa de  financiamento externo que aínda non procurou, non debería  enlear máis a situación de extrema gravidade  do areal, tal e como ten documentado a eito esta revista e  tal e como  vén de demostrar nestas mesmas páxinas o biólogo Antón P. Cribeiro  ( Praia da Magdalena:pensar amodo, actuar axiña[2]).

Decatáronse vostedes, como se apunta nese artigo referíndose á problemática da praia,  que  “o areal foi o espazo máis afectado [tanto polos procesos naturais como polos humanos], xa que a urbanización do pobo tivo lugar directamente enrriba del, aspecto que, curiosamente, apenas se cita cando se opina das posibles causas”.  Xa que logo, tiñan ao seu dispor estudos previos de viabilidade que avalen esa intervención antes de ter guindado a “boa nova”? Pensaron no impacto medioambiental dunha infraestructura de estacionamento que intensificará o tráfego rodado a pé de praia  e que deberá dispor necesariamente de sistema de tratamento de augas negras e recollida do lixo? Correspóndelle á administración incentivar proxectos que poñen en risco o xa dificil equilibrio do ecosistema dunar, expremido durante décadas por un urbanismo depredador que o afoga?  Pola contra, non deberían ser actuacións da administración exemplo de cuidado e posta en valor do patrimonio natural que é de todos ?Sabían que infraestructuras deste tipo hai anos que se están a facer en zonas de baixo impacto ambiental? Certo é que a situación sociolaboral e económica é crítica, razón de máis para non sobreexplotar e  sacrificar  a fraxil contorna ambiental que nos queda. De que lles servirá entón dispor dunha instalación con grande potencial de  impacto ambiental nun pobo que ten un més de verán e ningún plano de xestión integral dos seus recursos naturais que garanta a súa continuidade. E se ainda teiman na idea, non sería máis acaído crear as condicións dun servizo con estas necesidades de infraestructura nun espazo alleo á praia ou nunha ubicación con impacto mínimo para os ecosistemas de noso?

 

5 Comments

  1. Anton Cribeiro

    A foto escollida para ilustrar o artigo é axeitada pois induce a engano. Esa cuberta vexetal é froito do acúmulo de áridos con moitos nutrintes, o que non se corresponde co estado orixinal deste area, nen sequera recente. Aí debe haber area pura, dunas, area da que sempre tivo a praia de Cedeira, de orixe calcáreo marítimo, coa salinidade tal que só medraba a vexetación dunar autóctona.

    Agora semella un campón, antinatural e que ademáis retén o xa de por sí reducido movemento dunar, sendo esta zona sur da Magdalena o único espazo que aínda podemos restaurar con medidas adaptativas.

    Insisto no dito nos artigos, pensar amodo e actuar axiña. Sempre antepoñendo a portección do patrimonio natural fronte calqueira outra actividade. O paseo marítimo debe servir de muro infranqueable a partires do cal, cara á beira do mar, só compre acometer medidas de rexeneración sensata. Non máis medidas unilaterais, a participación cidadán é imprescindibel cando estamos a falar da natureza que aínda temos.

    No caso das autocaravanas digo o mesmo que no porto deportivo, na miña opinión: desenvolvemento sí, pero non así. Hai outros espazos onde emprazar esas iniciativas.

    Non pretendo convencer a ninguén, só aportar una opinión constructiva. E desde logo, a idea dunha plataforma pola defensa da ría, para que alguén mire disto co sentimento que merece, sería moi ben recibida. Sen líderes, sen competición, compartindo e traballando.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: