off
Cinema, Traballo, Vídeos — 22 Marzo, 2013 at 8:03 a.m.

A saída dos operários da fábrica

by

La Sortie des usines Lumière à Lyon é, por veces, considerado como o primeiro filme a a ser proxetado en público un 22 de marzo de 1895. É un filme de curta-metraxe cunha duración de perto de 45 segundos.

O primeiro cineasta portugués, Aurélio Paz dos Reis, produciu e realizou unh réplica deste filme en 1896, Saída do Pessoal Operário da Fábrica Confiança, gravado na cidade do Porto, e que viria a ser o primeiro filme portugués.

 

«Entierro del general Sánchez Bregua» de Sellier

En Galiza é Xosé Sellier Loup,  cineasta galego  nado en Givors, Francia (1850) e finado na Coruña o 21 de novembro de 1922, o pioneiro do cinema no noso país. O filme intitulado Entierro del General Sánchez Bregua rodado o 20 de xuño de 1897 está considerado o primeiro filme rodado na Galiza e no estado español após desvelarse que o outrora considerado máis antigo, a  “Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza” de Antonio Gimeno,  era unha creación franquista. Outros filmes de Sellier: San Jorge, salida de misa (1897), Fábrica de gas (1897), Plaza de Mina y Orzán (1897), Orzán, oleaje (1897), Temporal en Riazor (1898), Matadero y salida de operarios (1898), Descarga de carbón (1898).

 

Para saber máis:

“O cine en Galicia” de Xosé Nogueira

“Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza” : la fraudulenta creación de un mito franquista / Jon Letamendi y Jean-Claude Seguin

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: