off
Cedeira, O Curruncho musical de Antón — 21 Marzo, 2013 at 7:41 p.m.

Soledad Leonardo, profesora en partos

by

 Adicado a Fernando Iglesias.

Anuncio da época. Doazón de A.C.

O matrimonio formado por Andrés Leonardo López e Filomena Bouza López (finais do século XIX), con enderezo na Riba da Ponte, tivo varios fillos: Roxelio, Pedro, Fuensanta, Soledad e Carme.

O primeiro foi o famoso músico, compositor e director (hai unha ampla biografía del na obra “A Música Popular en Cedeira e no seu contorno” da miña autoría. Pedro foi obreiro na serra vella e músico, tamén. Era o pai de Andrés, Xoán, Nito e Totón, da Cafetería Mar. Fuensanta e Soledad sempre viviron xuntas, levábanse ben. Carme era a muller de Manuel, “O Trinta”, pais de Pascual, Manolo e Carmelita.

 

Soledad, parteira afeccionada, foi ampliar coñecementos de matrona a Madrid, alí estivo varias tempadas estudando os temas e facendo as prácticas correspondentes nun hospital; unha vez rematados os estudios pendurou na porta da Praza do Peixe unha placa que rezaba así: Soledad Leonardo, profesora en partos.

Durante moitos anos (preto de cincuenta) axudou a traer ó mundo nenos e nenas a esgalla. A xente da vila e algúns das parroquias entre os cincuenta e os oitenta e cinco pasamos polas súas mans.

Direi finalmente que colaboraba cos médicos, don Pepe García, Goyanes, don Alfredo Brañas, Ozón, don Felipe, etc, e co practicante Xoán Estrada.

 

Espero que con estes datos vexas colmados os teus desexos de saber algo sobre esta parteira singular que se chamaba Soledad Leonardo.

 


One Comment

  1. Obrigado, Antón, por este recordatorio… indefectible para as moitas e moitos que viñemos ao mundo puxados polas mans de Soledad, entrementres as nosas nais empurraban o que podían.

    Seguro que outro día calquera terás máis cousas que nos contar.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off