Após a sinatura do Tratado Hispano-Francés de Fez(1912) a coroa estabeleceuse como ‘Protectorado’ con capital en Tetuán, recoñecido por Francia, digamos que se repartiron a República Francesa e a monarquía bourbónica española o norte de África sen contar cos interesados, a ocupación de Marrocos comezou no 1913 así como a resistencia á ocupación inmediatamente ao atrevemento
Verdadeiramente eran tempos revoltos. Pedro tivera sorte, no seu tempo de servizo fora un tempo de relativa calma no que fora aquela terríbel Guerra do Rif, guerra que se deu nos territorios ocupados polo exercito colonial español no norte de África contra a resistencia rifeña. Facían garda do Mediterráneo ao Atlántico pola costa Norte de África dende Barcelona até as Palmas e viceversa. Pouco mais que dous altercados de mención lle aconteceran cando abordaron un vapor grego facendo desembarcar a dezasete tripulantes do mesmo por terse sublevado e negarse a continuar a viaxe polos riscos que este con levaba baixo un salario de miseria, ou recoller os tripulantes do buque portugués Emilia tras ser afundido, socorridos dende unha falúa foran levados ao Princesa de Asturias onde foron atendidos. Nada que ver coas historias vividas abordo do Princesa de Asturias poucos anos antes, quedaba aínda o recordo atronador dos bombardeos daquel agosto de 1909, cando o ministro de Mariña dera orde a escuadra de partir á zona de operacións de Melilla, o Princesa de Asturias bombardeara obxectivos na costa, fincas e caseríos dos rifeños en Nador, Ibarraben e no Zoco de Yemas, ou cando en outubro de 1909 bombardeou Punta Negri e Boca do León e recorreu a costa occidental de Tres Forcas canoneando poboados como os de Beni-bu-Gafar ou Beni-Said.
E que aqueles buques de guerra tanto servían para castigar á poboación rifeña, como de calabozo de opositores ao colonialismo oligarca, como así nos contou tamén as desventuras do mestre Marcelino Domingo, aquel catalán revolucionario que se veu preso polo exercito do rei trala folga xeral de 1917 nos calabozos do Princesa de Asturias e das visitas da súa namorada ao cruceiro acoirazado fondeado no porto de Barcelona no que pedro exercía de patrón de bote. Pedro vivira aqueles tempos intensamente, en Oran contaba como tivera que correr por entre rúas até chegar a porto e salvagardarse embarcando a bordo do cruceiro, salvándose dos cabreados lugareños que amosaban os seus ferros curvados ameazantes, enfadados polo atrevemento do meu tío avó por poderlle a curiosidade en pretender ver o rostro dunha muller musulmana erguéndolle o pano que cubría o seu rostro. Sempre contaba esta historia, máis quen se fía dos recordos, dos de Pedro ou dos meus.
Pedro vivira aqueles tempos intensamente, en Oran contaba como tivera que correr por entre rúas até chegar a porto e salvagardarse embarcando a bordo do cruceiro, salvándose dos cabreados lugareños que amosaban os seus ferros curvados ameazantes, enfadados polo atrevemento do meu tío avó por poderlle a curiosidade en pretender ver o rostro dunha muller musulmana erguéndolle o pano que cubría o seu rostro.
Pedro e a súa dona e curmá Obdulia non tiveran fillos e polo tanto Pedro levaba unha vida moi levadeira e despreocupada fora do seu tempo de mar, chea de horas perdidas de taberna. Contaba miña nai que cando nacera miña irmá maior a mediados do anos sesenta viñeran os veciños e familiares visitar. Era costume na aldea agasallar cunha botella de viño doce, ‘Sanso’,. A miña nai, observaba que cando Pedro chegaba botaba un grolo de “Sanso” e coa mesma ía ver a nena: Hai que bonitiña nos é!, comentaba o vello e coa mesma baixaba a por outro grolo repetindo o proceso con devoción, cal foi a sorpresa cando atopou unha botella de anís de agasallo entre as de viño doce, e achegándose a miña nai, díxolle: Trouxeron unha de anís? e miña nai asínteo: Trouxeron!.
Pedro: Ui! Va… Vamos, mellor! Coño que así temos variado. Eran tempos no que @s nen@s de Cedeira viñan ao mundo cunha botella de ‘Sanso’ debaixo do brazo.
Recordo a Pedro postrado nunha cama pouco antes de morrer sendo eu daquela un miúdo. Pedro tiña unha ferida fea e avultada na planta do pé, causa do mal que o consumía, sempre que me achegaba a el convidábame a que trouxera de a carón do galiñeiro unhas follas dunha planta que alí medraban que agora recordo como malvas, Pedro cría que colocando aquelas follas na ferida calmaría a dor que o consumía.
Con el fóronse aqueles contos de vivencias cheos de aventuras e personaxes de principios do século XX que despertaron en min tantas sensacións. Agora cando me lembro de Pedro e Obdulia e da historia padecida venme á cabeza aquel cantar de Suso Vaamonde que dicía “Cando me falan de España sempre teño unha disputa…”.
*Coñécese como Desastre de Annual a desfeita militar que sufriu o exército español durante a Guerra de Marrocos (ou Guerra do Rif) o 22 de xullo de 1921, perto da localidade marroquí de Annual.Esta foi unha das maiores crises que do reinado de Afonso XIII. A denominación de "Desastre de Annual" dáse unicamente no estado español, xa que no Rif coñécese como "Vitoria de Annual"
Algún día lle tocará a Soledad Leonardo
Unha perta.
Grazas Antón. Máis unha vez vou facer outra petición froito da curiosidade. De seis irm@’ns que somos, os cinco primeiros nacimos na casa e a miña avoa foi a comadrona, pero sempre falan que antes de que todolos nenos naceran en Ferrol, en Cedeira había unha comadrona que asisteo moitos partos na vila e que ninguén contou nunca a súa historia. sabes? Comeme o demo por darlle vida de novo
Noraboa por actualiza-lo pasado e ter presente ó teu tío avó Pedro do Monteiro.
Xosé Antón Suárez Aneiros