off
Literatura — 8 Marzo, 2013 at 8:02 p.m.

Rivera escríbese con R de Rosalía

by

Asistir a  actos institucionais non precisa excesivo talento, non é un asunto para tomarmos a serio. Mais fan inevitabel certos compromisos para alén dos motivos da elección porque se precisa máis habelencia para non asistir.  Ben que non o pareza, Rivera de la Cruz existía antes de aceptar o  convite de participar no acontecimento que ia ser da cultura galega sub specie aeternitatis antes para convertirse no “acontecimento Rivera”.  A Xunta de Feijoó expresouse con xenerosidade transcultural.  Rivera tamén amosou grande insolencia ao compararse con Rosalía. E nós abrazamos a ecuanimidade política e  unha afouta crenza nos valores da liberdade de expresión. Rivera de la Cruz reaxiu sen tañeiras contra as presenzas ambientais  consideradas  “xente coma esta” (os nacionalistas, os do BNG, os da Mesa…Reimóndez e máis Pedrayo) sabedora de acubillar e homologarse ela co  máis lexítimo e lexitimador dos campos literarios,  aquel que lle permite xerarquizar calquera actitude en función do seu  grau de proximidade ou lonxanía do poder  que tan bén coñeceu e padeceu a própria Rosalía. 

Por iso cómpre afirmalo xa. Acertaron de pleno…non atopaban a ninguén que lles quixera ir e deron con Marta Rivera de la Cruz. A súa extraversión expresiva foi todo un achádego. Unha grande oportunidade que nos forneceu Feijoó para constatarmos – se ainda non o fixéramos- a grande obra e pensamento de Rosalía de  Castro que resume  aquel «Galiza, non debes  nunca chamarte española».  Rivera de la Cruz  beneficiouse  dunha cultura coa que non se sinte identificada e pola que semella experimentar grande hostilidade. E todo grazas á negra sombra. Ao R de Rosalía.  150 despóis, até a própria Rosalía vai ter que apandar ca inxenuidade de ter escrito obra en galego, tan nobre e tan fértil é o seu abrazo. Que segue a estar amordazada entre boato xa o sabíamos, e non imos abondar no tirade as vosas porcas mans da rosa!. Temos dereito a escandalizarnos? Sen dúbida, porén, non imos repetir tópicos paternalistas e aldraxes, boato coma este  só dá para  ostentación de paifocos. Ademáis, non me peta darlle tanto poder a quen ten a súa obra íntegramente escrita noutro idioma.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off