off
Movementos sociais — 5 Marzo, 2013 at 12:06 p.m.

Un grupo de afiliados de ANOVA presenta un escrito de impugnación contra a constitución da Asemblea Local en Ferrol.

by

13 militantes de Anova Ferrol non participan na elección da coordenadora local de Anova en Ferrol e presentan un comunicado de impugnación contra a constitución da Asemblea Local.  Este grupo de afiliados da organización de Beiras  veñen de expresar no seu blog (http://anovaferrol.wordpress.com) que   “non desisten de conseguir que Anova, sexa unha organización diferente, fresca, horizontal e territorial. Onde haxa democracia, participación e transparencia”. No comunicado personalizan no secretario de Organización, Luis Eyré,  a utilización dun censo non coñecido  por parte dos afiliados  durante a reunión constitutiva da Asemblea Local de Ferrol. Esta parte da afiliación crítica co proceso a seguir afima que “moitas das persoas que participaban na asemblea eran descoñecidas, nunca o fixeran en anteriores, e tampouco poderiamos sinalalas como participantes en mobilizacións ou nos movementos sociais mais activos da comarca. Aínda así, parecían obedecer a unha consigna clara, non opinar, non entrar ao debate e votar canto antes. Mesmo unha delas berrou: aquí vimos a votar”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off