off
Movementos sociais, Traballo — 25 Febreiro, 2013 at 9:14 a.m.

A rúa reclama traballo para o naval. Manifestación masiva en Ferrol

by

30 mil  persoas  reclaman carga de traballo para os estaleiros de Ferrolterra, que perderon dous mil empregos no último ano. Reclámase a construción do dique flotante ou dos aínda non concretados encargos de Pemex. O BNG exixirá no Congreso un plano específico para o sector naval. A formación nacionalista de esquerdas rexistrou as propostas de resolución con motivo do Debate de Política Xeral celebrado esta semana; reclámase un Plan de Actuación específico para impulsar o sector naval que atinxa a construcción dun dique flotante nos estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol, que se poida aplicar o Tax Lease e a clarificación dos contratos con PEMEX, o levantamento do veto sobre Navantia Fene, a presenza do sector na axenda exterior do Goberno para acadar encomendas e contratos.

Cabeceira da manifestación

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: