off
Movementos sociais — 15 Febreiro, 2013 at 5:33 p.m.

Carta aos concelleiros do grupo de goberno

by

Estimados Concelleiros do grupo do goberno de Cedeira :

 

Despois de ver o que cobran os distintos cargos de confianza, e que vostedes cobran por cada reunión ou comisión informativa nos queremos preguntar que iniciativas presentou cada concelleiro e cales foron a prol dos desempregados de Cedeira.

Si non presentaron ningunha ¿Qué e o que fan?
Todos vostedes teñen aparte seus traballos e eses cartos poderíanse empregar en mellorar os Servizos Sociais contratando mais persoas. Tamén se poderían empregar para axudar as persoas ou familias desempregadas ben axudando a pagar o alugueiro ou rebaixando as taxas do lixo e da auga. Tamén poderían axudar aos emprendedores a través do niño de empresas ou sendo socio activo.

Por outra banda hai dúas obras, a nova lonxa e o centro de saúde nas que vostedes poderían pedir que se contratasen polo menos un 10% do persoal non cualificado entre os desempregados do pobo, previa confección dunha bolsa de emprego municipal para fornecer as empresas que se asenten aquí.

Moitas grazas pola súa atención

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off