off
Politica internacional — 12 Febreiro, 2013 at 8:54 a.m.

Xa que por aquí non dimite nen Deus, ben está que dimita o seu representante na Terra

by
"Papus interruptus", na capa de 'Libération'

A  imprensa internacional destaca a inédita renuncia de Bieito  XVI:

Daily Telegraph: “Estou moi débil en corpo e espírito para seguir adiante”

Daily Express: “En shock  pola renúncia dun Papa fraxil”

Die Welt: “O Papa està canso”

Hamburgen Morgen Post: “O Papa: ‘Lisco'”

Financial Times: “O Papa Bieito XVI deixa a  Igrexa abraiada

International Herald Tribune: “Comenza a procura dun sucesor do  Papa”

The Guardian: “Como un lóstrego caído do ceo: a renúncia do Papa sacude a Igrexa”

The Washington Post: “O papa Bieito renuncia”

Considerado un gran teólogo, publicou tres enclíclicas: ‘Deus caritas est’ (2006), ‘Spe salvi’ (2007) e ‘Caritas in veritate’ (2009).  Nos perto de 8 anos de pontificado, Ratzinger- que foi mán dereita de Xan Paulo II- conduciu a Congregación para a Doutrina da Fé, o antigo Santo Oficio- acadou o papado con fama  de “duro”.  O seu papado enzoufouse polos escándalos dos abusos contra menores cometidos por cregos en diferentes paises. Estes feitos impactaron en  Ratzinger (“purificador”, “inquisidor”, gardián da ortodoxia, eurocéntrico e conservador foron algunhas das calificacións que recibiu  Bieito XVI) que non entendeu- chegou a dicir- que os homes da Igrexa, quenes teñen de dar exemplo, fosen capaces de “delitos tan abominábeis”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off