off
Cultura, Poesía — 11 Febreiro, 2013 at 6:22 p.m.

Coplas do Entroido

by
Tirado de A Música Popular en Cedeira e no seu contorno/Xosé Antonio Suárez Aneiros. Deputación Provincial da Coruña, 2008 - Pàx.197

O Entroido, antigamente,

en tempos dos meus avós

era comer unha enchente

de torradas e freixós.

E Entroido é cando dan,

para tirar polo viño

unha farta de marrán

desde o rabo até o fuciño.

O Entroido era un larpeiro,

para fartarse de orellas

vestíase de choqueiro

con saias de lá, de vellas.

Cando entraba nas cociñas

non lle gustaba a tristeza

e tocaba campaiñas

cuns cornos da cabeza.

O Entroido está na mesma

di que quer morrer queimado,

que ó final da Coresma.

 

 



 				

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off