Tirado de A Música Popular en Cedeira e no seu contorno/Xosé Antonio Suárez Aneiros. Deputación Provincial da Coruña, 2008 - Pàx.197
O Entroido, antigamente,
en tempos dos meus avós
era comer unha enchente
de torradas e freixós.
∞
E Entroido é cando dan,
para tirar polo viño
unha farta de marrán
desde o rabo até o fuciño.
∞
O Entroido era un larpeiro,
para fartarse de orellas
vestíase de choqueiro
con saias de lá, de vellas.
∞
Cando entraba nas cociñas
non lle gustaba a tristeza
e tocaba campaiñas
cuns cornos da cabeza.
∞
O Entroido está na mesma
di que quer morrer queimado,
que ó final da Coresma.