off
Ecoloxía, Meio ambiente — 7 Febreiro, 2013 at 12:04 p.m.

A Frouxeira desecada

by

O 2 de febreiro celebrouse o dia  “Día Mundial dos Humidais”  e a Xunta declarou 9 lagoas como “zonas sensibles” dentro do Plano Hidrolóxico Galiza-Costa.

A foto da Frouxeira,tirada por Adega, é elocuente. Mália a invernía o humidal está sen auga. Alterados os ciclos hidrolóxicos, asistimos á  permanente ameaza da súa  extinción  por mor da sobreexplotación e a drenaxe sen criterios medioambientais que o xustifiquen.

É a propia administración quen está  a vulnerar a as figuras de protección medioambiental   (LIC, ZEPA, ZEPVN, e Ramsar). A Dirección Xeral de Conservación da Natureza vén de abrir unha  canle de desaugue con maquinaria pesada por onde desaba, á marxe  da lei, o que están a convertir nunha piscina  estacional, é dicir, desecala en pleno inverno. Marabillados!

Foto:Adega

 

One Comment

  1. Aquí o que manda agora son as necesidades daqueles que no seu dia especulando e ocupando a Lagoa agora se sinten prexudicados por esta. A autocrítica e a honestidade é algo que só se lle esixe aos que gustan máis de chamarlle Galiza á súa terra.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off