off
Política — 6 Febreiro, 2013 at 5:16 p.m.

Barómetro do CIS.Liquidación de existencias

by

barómetro do CIS  de xaneiro dá para facermos as preguntas máis impertinentes sobre o bipartidismo. Segundo a  enquisa realizada antes das revelacions do caso Bárcenas, os populares aventaxarian en menos de 5 puntos ao PSOE en intencion de voto e perderían dez puntos con respecto ás eleccións de novembro de 2011. Izquierda Unica (9,4%) e UPyD (6,8%) subirán  dous puntos. O lóstrego Bárcenas non sae reflectido mais a poboación enquisada coñecida a evidencia da desfeita. O chamado “control do déficit público” non é outra cousa que a liquidación do grande simulacro que permitiu pasarmos, sen apenas gorentalo nunha só xeración, do tempo de fartura co que soñaron as falsas clases medias subsidiadas a un tempo de debalo e precariedade que xa non se mide en milleiros de quilómetros de TGV senón en millóns de desempregados.

E aquí vai a impertinencia, deixando de lado a retórica banal ao uso,  cal é  a diferencia substancial entre PP e PSOE ? quen se imaxina un goberno estatal ca actual cúpula do PSOE? Sería máis plausibel enxergar a emerxencia de IU. UPyD é un misterio que saiu da nada e das plataformas subvencionads por Interior.

Aproveitará Galiza o debalo do bipartidismo institucional afortalando os partidos galegos non sucursalistas?. O que arrepía é a hipótese da volta, daquel que vai ir aos Açores, á fronte do PP. Alomenos esa é a hipótese do invicto Ansón en El Mundo, segundo o fundador de La Razón “Rajoy non é home para encetar a profunda operación rexeneradora interna que exixe o PP”.  Xa se sabe, a transparencia pode adoptar as formas da dominación. Trátase de ir transparentando para mellor ocultar. Agardando xa que outro caso de corrupción tape o de Bárcenas.

One Comment

  1. Antom Labranha

    Segue a reflectir un pequeno desgaste do bipartidismo (un escaso 8%), incríble despois da que nos levan botado enriba desde o 2010.
    Para máis inri, os alternativos -de dereitas ou esquedas- non captan nin a metade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off